Novas
Concellería de Igualdade
02/09/2010
Certame de carteis 25 de novembro
CONCURSO DE CARTEIS “25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”. Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas.
07/06/2010
Presentación do 2º tomo de "O Segundo Sexo" de Simone de Beauvoir
O xoves 10 de xuño, a Casa Galega da Cultura acollerá a presentación da tradución ao galego do segundo tomo de "O Segundo Sexo" de Simone de Beauvoir.
02/06/2010
Presentado o novo espazo web sobre Violencia de Xénero
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este martes a nova web que este departamento vén de poñer en marcha sobre a violencia de xénero, www.igualdadevigo.org/violencia. A edil destacou que esta nova ferramenta ten o obxectivo de achegar os recursos municipais e fomentar a comunicación coa cidadanía.
01/06/2010
Charla co gallo do Día Internacional de acción pola saúde das mulleres
No seo das actividades do Día Internacional de acción pola saúde das mulleres programadas pola Concellería día de Igualdade, o 2 día de xuño o Centro de Documentación e Recursos Feministas acollerá unha charla-coloquio sobre a realidade das mulleres coidadoras de persoas dependentes.
Charla-Coloquio: QUEN COIDA ÁS COIDADORAS?
Na mesa contaremos coa presenza de:
Dª Pilar Loira Iglesias (Psicóloga)
Dª Aroa Vázquez Costas (Traballadora social de AFAGA)
31/05/2010
Clausura do Programa Empatía no IES A Guia
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausuraron este venres o programa Empatía, no que participaron un total de 761 alumnas e alumnos de sete centros de ESO de Vigo e 15 profesores/as do IES Castelao.
No acto subliñaron que o eido da educación é un dos ámbitos fundamentais para promover a igualdade e destacaron a boa acollida que están tendo os programas que fomentan esta cultura nos centros educativos da cidade.
27/05/2010
Acto homenaxe a Rosalía de Castro
Neste ano 2010 no que se celebra o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, o Consello Municipal da Muller de Vigo quixo rendirlle unha homenaxe e reivindicar a súa figura destacada como feminista, defensora da nosa cultura e da nosa língua, celebrando unha mesa redonda que levou por nome:
ROSALÍA DE CASTRO, AURORA E PORVIR
A mesa estivo integrada por:
.- Mª Xosé Queizán Vila: "A xustiza pola man de Rosalia de Castro verso a verso"
.- Pilar García Negro: "A evidencia feminista frente á conveniencia sexista"
.- María do Cebreiro Rábade: " O sentido ético da poesía de Rosalía de Castro"
25/05/2010
Aberto o prazo para participar na convocatoria de subvencións. 2010
A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 10 de maio de 2010, aprobou, entre outros asuntos “As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, no ano 2010”.
O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais, contados desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
A convocatoria publícase no BOP o día 24 de maio de 2010, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude no Rexistro Xeral é o 14 de xuño.
12/05/2010
Clausura do programa "Camiña con nos pola igualdade" na EEI Monte da Guia
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausuraron este mércores unha nova edición do programa "Camiña con nós pola igualdade", que na súa quinta convocatoria se impartiu en 35 centros escolares e acadou os 2.622 alumnos e alumnas participantes.
10/05/2010
Constituída en Vigo a Mesa de coodinación para a mellora da atención a vitimas de violencia de xenero
O xoves 6 de maio a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presidiu a constitución da Mesa de Coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero. Na reunión estiveron representados os seguintes organismos: Subdelegación do Goberno, Xulgado de Violencia sobre a Muller, Colexio de Avogados/as, Policía Nacional ,Policía Local a través da EVAP, o Centro de Emerxencia e a Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
19/04/2010
O centro de Documentación Feminista agasallará cun libro as persoas que visiten as instalacións do 19 ao 23 de abril
Con motivo da celebración o día 23 de abril, do Día do Libro, o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, que depende da Concellería de Igualdade, agasallará cun libro ás persoas que durante os días 19 e 23 de abril se acheguen a visitar as instalacións.
O horario do Centro, que está ubicado na Biblioteca Central, é de luns a venres de 10 a 14 horas e de martes a venres de 16 a 20 horas.
15/04/2010
Presentacion do libro "1325 mujeres tejiendo la paz"
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente da Concellería de Igualdade, acollerá a presentación do libro “1325 mujeres tejiendo la paz” o vindeiro xoves 22 de abril ás 20,00 h.
26/03/2010
Inaugurado o Centro de Documentación e Recursos Feministas
Onte foi inaugurado o Centro de Documentación e Recursos Feministas polo Tenente de Alcalde, a concelleira de Igualdade e o concelleiro de Cultura. O Centro emprázase na 2ª planta da Biblioteca Central (rúa Joaquín Yañez,6. Casco Vello)
Este centro, dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas. Recolle a documentación recompilada pola extinta asociación "GECM-Alecrín" desde os anos 80 e o fondo documental xerado pola concellería de Igualdade.
Os fondos da nova dotación municipal están integrados por 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais, dos que moitos están xa fóra do mercado e descatalogados.
22/03/2010
Hoxe proxección do filme "EN TERRA DE HOMES"
Actividades complementarias do Día Internacional da Muller
Ciclo de Cine
Proxeción do film "En terra de homes" (título orixinal: "North country". USA; 2005).
15/03/2010
Proxección película “Sara” (Sara)
15/03/2010 - Concellería de Igualdade do Concello de Vigo
Hora: 20:30
Non deixes de consultar a Axenda de Actividades ou o calendario de actividades de mes de Marzo que tes nesta web!
11/03/2010
105 prazas ofertadas para participar no programa Tanto Monta, Monta Tanto
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que o vindeiro luns, 15 de marzo, se abrirá o prazo de inscrición para participar na nova edición do programa "Tanto monta, monta tanto", que ten por obxectivo fomentar a corresponsabilidade doméstica e familiar.
09/03/2010
Actividades mes de marzo
Non deixes de consultar a nosa axenda de actividades
05/03/2010
Celebra con nós o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Organizada polo Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade, a Praza 8 de Marzo acollerá, o domingo 7 de marzo, unha xornada repleta de actividades de música, títeres, lectura, graffiti, humor e agasallos.As actividades previstas, que se prolongarán durante toda a xornada neste espazo (situado entre os números 89 e 91 da rúa Camelias), transformarán esta céntrica praza nun lugar de encontro das mulleres da cidade e do público en xeral, xa que no programa están incluídos actos para nenas e nenos e persoas adultas.
01/03/2010
Comeza o CICLO DE CINE organizado polo Consello Municipal da Muller
Coa proxección da pelicula "CARAMEL", dará comezo o ciclo de cine que o consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade organizan en colaboración co Cine Club Lumiere co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
01/03/2010
Celebración do 8 de Marzo. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade organizan unha serie de actividades durante todo o mes de marzo baixo o lema: "DEREITOS DAS MULLERES. A REVOLUCIÓN CREATIVA".
28/02/2010
ACTIVIDADES INFANTÍS- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-
Actividades para público infantil con motivo da celebración do Dia Internacional da Muller.
14/12/2009
Programa EMPATÍA
Programa de Educación para a Iguadade
13/12/2009
XVII Xornadas de Mulleres Veciñais
15, 16 e 17 de decembro
Verbum. Casa das Palabras. Samil
27/11/2009
Obradoiro: "Galegas na Historia".
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de carácter gratuíto: "Galegas na Historia", actividade organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.
27/11/2009
Obradoiro: "Supervivencia para a mocidade"
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de carácter gratuíto: "Supervivencia para a mocidade", actividade organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.
25/11/2009
Declaración institucional con motivo da celebración do 25 de novembro
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE VIGO CON MOTIVO DO DÍA 25 DE NOVEMBRO: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
20/11/2009
Concerto de Voces Femininas con Basia Bulat + Dawn Landes + Hello Saferide
O sábado 21 de novembro ás 22.30 horas, terá lugar o concerto principal do festival Voces Femininas 2009 no auditorio do Centro Cultural Caixanova . Subirán ao escenario Basia Bulat, Dawn Landez e Hello Saferide.
20/11/2009
Peche e clausura do programa SIMMA
Hoxe venres finalizou o programa de formación SIMMA -paquete de medidas para paliar o síndrome da muller maltratada- no que participaron quince mulleres vítimas de maltrato derivadas de servizos de atencíon e acollemento a mulleres, servizos sociais de atención primaria, entidades que integran o plan local de drogodependencias e outras entidades de iniciativa social.
20/11/2009
Pleno extraordinario para a aprobación da declaración institucional con motivo do día 25 de novembro e para a aprobación do“IV Plan municipal integral para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2009-2012”
O vindeiro mércores 25 de novembro, con motivo da commemoración do "Día internacional sobre a eliminación da violencia que se exerce sobre as mulleres "o Concello de Vigo celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación no que intervirá Luisa Ocampo Pereira en representación do Consello Municipal da Muller, e de seguido a concelleira de igualdade Iolanda Veloso quen presentará o “IV Plan municipal integral para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2009-2012” para a súa posterior aprobacion por parte de toda a corporación municipal.
19/11/2009
Presentación da segunda edición do Programa Empatía
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este martes a segunda edición do programa "Empatía", dirixida a toda a comunidade educativa dos centros de ensino secundario, e que busca promover a cultura da igualdade de oportunidades
18/11/2009
A nova campaña contra a violencia de xénero diríxese a mocidade, sector no que medran os casos de maltrato
A campaña que a Concellería de Igualdade ven de poñer en marcha co gallo da Día Internacional contra a Violencia de Xénero, do vindeiro 25 de novembro, está dirixida aos escolares de ESO e Bacherelato.
02/11/2009
Proxecto SIMMA - medidas para paliar o síndrome da muller maltratada- Inscricións ata o 9 de novembro
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Igualdade, pon en marcha a iniciativa “SIMMA”: paquete de medidas para abordar e tratar de xeito integral o Síndrome da Muller Maltratada, proxecto subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco das axudas para o desenvolvemento de programas experimentais e innovadores en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
24/09/2009
3.000 prazas de formación e tempo libre dirixidas a mulleres
Iolanda Veloso anuncia que Igualdade ofrece 3.000 prazas de formación e tempo libre dirixidas a mulleres
23/09/2009
Presentación do programa "TANTO MONTA, MONTA TANTO"
Esta mañá a concelleira de igualdade presentou aos medios o programa de fomento da corresponsabilidade doméstica e familiar: "tanto monta, monta tanto".
18/09/2009
“MÓDULO FORMATIVO: “DEREITO E RELACIÓNS DE XÉNERO”. Aberto o prazo de inscrición!
A Concellería de Igualdade informa que en breve se abrirá o prazo de inscrición para participar no módulo: “Dereito e relacións de xénero” do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta concellería.
22/06/2009
Encontro: A SAÚDE REPRODUCTIVA DAS MULLERES
Vigo (Casa das mulleres - Rúa Romil, 20)
26 e 27 de Xuño de 2009
INFORMACIÓN, MATRÍCULAS E BECAS:
Secretaría de Alumnos da UIMP
C/San Francisco, S/N (Fundación Luis Seoane, 2ª Planta) - 15001 A CORUÑA
Teléfono 981 140 830 – Fax 981 140 825
Correo electrónico: galiciasa@uimp.es
www.uimp.es
Matrícula gratuíta logo de inscrición (con dereito a diploma)
Valor académico: 10 horas
Recoñecemento en Créditos de Libre Elección
09/06/2009
Nova publicación disponible na web: Avaliación do 3º Plan Municipal de Igualdade
A Concellería de Igualdade publica o "Resumo do Informe de avaliación do 3º Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Vigo"
05/06/2009
Aberto o prazo para participar na Convocatoria de Subvencións
Tras a publicación o día 4 de xuño de 2009 no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller no ano 2009 (aprobada pola Xunta de Goberno local o 11 de maio), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes.
As entidades interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
23/04/2009
Cubertas as prazas para participar no Módulo Economía e Xénero, prazas gratuitas
A Concellería de Igualdade ofrece 50 prazas gratuítas para participar no módulo: "Economía e Xénero" do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta Concellería. O módulo realizarase ao longo do mes de maio.
16/04/2009
Aberto o prazo de inscrición para participar no Obradoiro "Ser home por un día"
A concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto: “Ser home por un día”
Presentación:
É un obradoiro só para mulleres que trata a identidade e a construción do xénero como práctica para-teatral. A masculinidade, como a feminidade, son o resultado dunha construción socio-cultural.
Cada mañá, millóns de persoas en todo o mundo caracterízanse para desenvolver o papel que a sociedade lles ten asignado: unhas vístense como homes, outras como mulleres. E durante todo o día actúan como tales, como lles aprenderon desde pequenas. Pero como sabe perfectamente calquera actriz e calquera actor, unha vez que coñeces a mecánica da actuación, estás preparada para afrontar con maior ou menor fortuna calquera tipo de personaxe.
O que se propón é un cambio de papeis. Por un día, polo menos, asumir o personaxe do outro, e concienciarnos de que o xénero é algo construído e, polo tanto, modificable. Se os homes ocupan a posición do dominio non é porque o mande a natureza, e aprender a actuar como un home, aprender a ser o dominante, é algo ao alcance de calquera muller.
Cada participante quedará co que lle sexa útil deste obradoiro, pero todas terminamos cunha experiencia compartida (e a emoción) de ter chegado máis aló do noso “eu” cotiá e ter agrandado o noso repertorio de xénero.
Metodoloxía:
Dúas actrices (Patricia de Lorenzo e Natalia Outeiro) e unha maquilladora traballarán con cada unha das participantes para transformalas totalmente. Aprenderase a ocupar o espazo, camiñar, comer, falar, etc. como homes. Relacionarémonos entre nós como as nosas personaxes e desenvolveremos novas identidades. O obradoiro remata cunha visita a un lugar público, onde se porá a proba as novas identidades.
26/03/2009
CONTACONTOS PARA NENOS E NENAS DE 6 A 12 ANOS
O sábado 4 de abril o Verbum acollerá a realización do contacontos
“O MENIÑO NITO. Entón, os homes choran ou non?
23/03/2009
Proxección do documental "MULLERES DA RAIA"
O MARCO acollerá este venres 27 de marzo, un acto organizado pola Concellería de Igualdade, no que se presentará o documental "MULLERES DA RAIA" de Diana Gonçalves.
13/03/2009
Convite: Obra de teatro RAZÓNS DE PESO
Con motivo da celebración do día internacional da muller, a Concellería
de Igualdade, pon en marcha a representación da obra de teatro: "Razóns
de Peso".
Producción: Pinguela Teatro. Unha escritora, unha directora,unha escenógrafa, unha deseñadora de luz, unha deseñadora de vestiario, dúas actrices….. Mulleres cómplices.
Vivimos nunha sociedade que marca a velocidade ata nas miradas. Non hai tempo para observar, para coñecerse realmente, a primeira impresión pretende definirte.
“Pinguela Teatro” quixo poñer esta peza enriba dun escenario para pegar un berro, para soltar cadeas, para mostrar que as persoas están máis alá da súa imaxe. Rachar con tópicos, aprender a dar oportunidades.
Razóns de peso é unha comedia. Pretende achegar este tipo
de problemas ao público dun xeito entretido, provocador,
divertido…
Directora: Anabel Gago. Textos: Clara Gayo
Reparto: Chelo de Rejo e Ana Puente.
Día: Venres, 20 de marzo.
Hora: 20,00 horas
Entrada libre e gratuíta ata completar o aforo
Lugar: Conservatorio Profesional de Música.
Fotógrafo Felipe Prósperi s/n. Vigo (no entorno da avda da Florida)Plano de situación, ver mapa:
http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/imagenes/mapa.jpg
05/03/2009
8 de marzo. DIA INTERNACIONAL DA MULLER
O Consello Municipal da Muller e a concellería de igualdade do Concello de Vigo organizan a FESTA _CRE*ACTIVAS* _que baixo o lema "Imaxinar a
Igualdade non abonda. CREA ACTÚA!" celebrará este domingo, 8 de marzo, na praza "8 de marzo" de Vigo (rúa Camelias entre números 89 e 91) unha
gran festa co obxectivo de gozar dunha xornada de convivencia e de reivindicación.
A festa transformará a centrica praza nun lugar de encontro das mulleres da cidade e do público en xeral , xa que no programa están incluídos
actos para nenas e nenos e persoas adultas.
As actividades previstas desenvolveranse de xeito ininterrumpido de 10,00 h a 20,00 horas e perseguen a participación activa das persoas que
asistan. Así, o público poderá contribuír coas súas mensaxes, á elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados
relativos á situación da muller.
Contaremos con animación da praza durante todo o día , Graffiti, exposicións, mostra de traballos tradicionais de mulleres, música en
directo a cargo de Dj, rap, folk, cantareiras...
Haberá agasallos para quen asista.
VÉMONOS NA PRAZA!
05/02/2009
Homenaxe a 6 mulleres represaliadas
A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural do Concello promove un acto de Memoria Histórica e recoñecemento conxunto para as 6 mulleres homenaxeadas que o Pleno da Corporación Municipal con data 31 de marzo de 2008 acordou incluir no rueiro da cidade.
05/02/2009
Presentación do nº 24 da Festa da Palabra
05/02/2009
Nova relación de cursos da 2ª fase do programa "Ser muller é unha boa idea"
Desde xaneiro a xuño de 2009 desenvolveranse 60 horas de formación nas asociacións e vogalías da muller correspondentes á segunda fase do programa municipal: “Ser muller é unha boa idea” promovido pola Concellería de Igualdade.
04/02/2009
Xa está en funcionamento o CENTRO DE EMERXENCIA PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
27/12/2008
Campaña municipal para favorecer o uso non sexista dos xoguetes
A Concellería de Igualdade promove o uso non sexista dos xoguetes coa campaña "Imaxina Vigo".
21/12/2008
RELACIÓN DE CURSOS NAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS. ANO 2009
Desde xaneiro a xuño de 2009 desenvolveranse 60 horas de formación nas asociacións e vogalías da muller correspondentes á segunda fase do programa municipal: “Ser muller é unha boa idea” promovido pola Concellería de Igualdade.
11/12/2008
Clausura e entrega de diplomas da 7ª edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2"
O venres 12 de decembro terá lugar o acto de clausura da sétima edición do programa "Vivir en parelle é cousa de 2" no que se lles fará entrega dos diplomas aos/ás máis de 100 participantes.
Contarase coa presencia da socióloga Cristina García, profesora da Universidade Autónoma de Madrid que impartirá unha conferencia sobre o uso dos tempos entre os homes e as mulleres na sociedade
O acto de clausura terá lugar no Centro Social Caixanova ás 19,00 horas.
01/12/2008
PROGRAMA "EMPATÍA" promoción da cultura de igualdade na ESO
O Concello pon en marcha o programa "Empatía" para promover a igualdade na comunidade educativa da ESO
21/11/2008
Campaña municipal para a colaboración cidadá fronte a violencia contra as mulleres
O Concello impulsa a campaña "Cóntao. E se mañá está morta?" para involucrar á cidadanía contra a violencia de xénero
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentaron hoxe a campaña "Cóntao", co gallo da conmemoración do 25 de novembro do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. A campaña busca un compromiso da cidadanía na loita contra a violencia de xénero e para acadalo repartiranse 10.000 caixas coas mensaxes da campaña que conteñen unha tarxeta-carné de compromiso, un colgante para o teléfono móbil e un calendario de mesa cun decálogo de responsabilidade individual.
17/10/2008
COMEZO DO MÓDULO DE IGUALDADE de 12 horas de duración . INSCRÍBETE nas asociacións veciñais que se relacionan na listaxe adxunta
1ª Fase do Programa de Formación e Tempo Libre para asociacións promotoras de Igualdade.
10/10/2008
Programa de formación e tempo libre para asociacións promotoras de igualdade
Outubro 2008/ Xuño 2009
07/10/2008
Vivir en parella é cousa de 2. 7ª Edición. Outono 2008
Cursos gratuítos, prazas limitadas!!
O prazo para inscribirse comeza o 10 de outubro.
Requisitos: ser maior de idade, estar empadroado no Concello de Vigo e non inscribirse nun curso realizado en previas edicións.
06/10/2008
FORMACIÓN: PROMOTORAS DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES.
Abre camiño cara novas oportunidades laborais. Aprende a traballar na cultura da igualdade entre mulleres e homes cunha metodoloxía activa e participativa
Organiza: Concellería de Igualdade. Concello de Vigo
01/10/2008
O Concello repartirá 500 unidades didácticas en centros escolares vigueses para fomentar a igualdade
O Concello de Vigo repartirá 500 unidades didácticas en diversos centros de ensino da cidade co obxectivo de facilitar ao profesorados ferramentas coas que profundizar na igualdade entre nenos e nenas, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.
18/09/2008
OBRADOIRO DE AUTODEFENSA FEMINISTA. dirixido preferentemente a asociacións e colectivos de mulleres. Aberto prazo de Inscrición!
Destinatarias (por orde de preferencia):
1º.- Asociacións de mulleres, preferentemente de Vigo
2º.- Vogalías e secretarías da muller da cidade
3º.- Mulleres profesionais de Vigo que traballen con mulleres en institucións públicas ou privadas e que apliquen a perspectiva de xénero e de igualdade de oportunidades na súa practica profesional.
IMPORTANTE: Co obxecto de ofrecer o curso ao maior número de colectivos, só aceptarase a incrición de 2 participantes por entidade ou asociación.
18/09/2008
LOS PLACERES DE LOLA. Obradoiro de erotismo para mulleres. Aberto o prazo de inscrición para 2 obradoiros!
Lilith. Acción Social e Educativa e Los Placeres de Lola impartirán un obradoiro tuppersex feminista cun fin formativo ademais de lúdico, no que se pretende quitar de encima os mitos, tabús e prexuízos e permitir que as mulleres poidan gozar, coñecerse, reivindicar e descubrir a súa sexualidade.
04/07/2008
A CONCELLEIRA DE IGUALDADE GARANTE QUE NENGUNHA MULLER TEN QUEDADO SEN ATENCION TRAS O PECHE DA CASA DE ACOLLIDA
"Nengunha das mulleres vítimas de malos tratos que solicitaron axuda ao Concello de Vigo quedaron sen cobertura tras o peche da Casa de Acollida.
"Se en17 anos non se pode modificar os servizos que ofrece o Concello, pouco eficaces serán"
19/06/2008
Entrega de Premios do programa "incentivos para promover accións de igualdade nos centros de ensino"
Os centros "EEI Monte do Alba", o colexio Salesiano "María Auxiliadora" e o "IES Castelao" premiados.
17/06/2008
Clausura do programa "CAMIÑA CON NOS POLA IGUALDADE"
O día 17 de xuño a Concelleira de Igualdade clausurou no CEIP "O Pombal" o programa "Camiña con nós pola igualdade, no que participaron 2200 alumnas e alumnos da cidade.
10/06/2008
Igualdade pon en marcha unha rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero integrada por tres pisos e un Centro de Emerxencia
Tres pisos e un Centro de Emerxencia son os servizos que integran a rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero, segundo anunciou este luns a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.
05/06/2008
CURSO AUTOESTIMA / A NOSA VALORACIÓN PERSOAL
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para este curso de carácter gratuíto, dirixido a todas as mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo.
26/05/2008
Concentración en repulsa da violencia machista
A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 29 de maio ás 20:00 h na rúa do Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporáneo (MARCO)
22/05/2008
Cento vinte mulleres participan no primeiro obradoiro erótico
Cento vinte mulleres participan no primeiro obradoiro erótico "Os praceres de Lola" organizado pola Concellería de Igualdade
Un total de cento vinte mulleres participarán no primeiro obradoiro erótico, denominado "Os praceres de Lola", organizado pola Concellería de Igualdade, segundo anunciou hoxe a concelleira Iolanda Veloso. "Dar a coñecer aspectos da sexualidade feminina nun ambiente distendido e relaxado dende unha perspectiva feminista é o obxectivo fundamental desta iniciativa, que terá lugar no Centro Cívico do Casco Vello", subliñou a concelleira de Igualdade
13/05/2008
Iolanda Veloso presenta a nova páxina web da Concellería de Igualdade: www.igualdadevigo.org
Iolanda Veloso presenta a nova páxina web da Concellería de Igualdade: www.igualdadevigo.org
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns a nova páxina web deste departamento, http://www.igualdadevigo.org , que nace co obxectivo de achegar á cidadanía todos os servizos que ofrece a Concellería de Igualdade do Concello vigués. "Este novo recurso intégrase na campaña informativa que estamos a desenvolver", sinalou a edil, quen explicou que o emprego dos novos soportes é unha das características da campaña divulgativa
24/04/2008
O Concello porá vivendas de protección a disposición de mulleres maltratadas
A Xerencia de Urbanismo deu conta este xoves ao Consello de que esta semana estarán a disposición do Concello tres vivendas no Casco Vello que serán destinadas a mulleres que sufriron a violencia machista. O proceso quedou resolto, tras o debate xurídico suscitado polo pago do IVE, e a próxima semana se entregarán ás mulleres.
17/04/2008
Vivir en Parella é cousa de 2
Cursos gratuitos! Plazas limitadas!
Inscrición, do 7 ao 18 de Abril 2008
Poden realizarse a través do teléfono 986 810 284 ou acudindo á Concellería de Igualdade.
17/04/2008
Subvencións da Concellería de Igualdade para o ano 2008
04/03/2008
A praza 8 de Marzo acollerá a festa do Día Internacional da Muller
Con motivo do Día Internacional da Muller, o Consello Municipal da Muller de Vigo celebrará o vindeiro sábado 8 de marzo unha gran festa co obxectivo de facer visible o traballo que están a desenvolver as asociacións que compoñen o Consello e de gozar dunha xornada de convivencia e reivindicación
05/09/2010
Obradoiro "Supervivencia para a mocidade".
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de carácter gratuíto: "Supervivencia para a mocidade", actividade organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
05/09/2010
Obradoiro "Galegas na Historia"
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de carácter gratuíto: "Galegas na Historia", actividade organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Ameco Press
03/09/2010
El Consejo de Ministros aprueba una declaración institucional sobre el caso de la iraní condenada a muerte
Madrid, 03 sep (10). AmecoPress. El Consejo de Ministros, a propuesta de los ministerios de Asuntos Exteriores y Cooperación y de Igualdad, ha aprobado una declaración institucional del Gobierno de España sobre el caso de la mujer iraní Sakineh Mohammad Ashtiani. En esta declaración se expresa la voluntad del Gobierno de España de impulsar una acción ante las autoridades de Irán para frena [...]
03/09/2010
El Instituto de la Mujer pone en marcha un programa para la integración de las mujeres inmigrantes
Madrid, 03 sep (10). AmecoPress. En Instituto de la Mujer ha firmado sendos acuerdos de colaboración con Cruz Roja y el Consorcio de Entidades para la Acción Integral con Migrantes (Cepaim) para la promoción de la calidad de vida entre el colectivo femenino inmigrante, atendiendo especialmente a su integración social y su inserción laboral. Ambos organismos desarrollarán programas de formaci [...]
03/09/2010
La integración, protagonista del festival de cine europeo 2010
Madrid, 03 sep (10). AmecoPress Convocado por la Universidad de Sevilla en colaboración con Sevilla Festival de Cine Europeo, en la edición 2010 tendrá como protagonista a la ?Integración?. A este tema tendrán que ceñirse las obras presentadas a las dos modalidades que se establecen: ficción y documental.
Hasta el 15 de octubre permanecerá abierto el plazo de inscripción. Podrá [...]
03/09/2010
El cuerpo de las Mujeres: otro territorio de los represores
Buenos Aires, 03 sep. 10. AmecoPress.- ?Me levantaron el pantalón y después de ser abusada me dejaron sola en la camioneta?, son algunas frases que, con mucho dolor han expresado las mujeres víctimas de los torturadores pampeanos: Roberto Esteban Constantino, Omar Aguilera, Roberto Fiorucci, Athos Reta, Oscar Yorio, Néstor Bonifacio Cenizo, Carlos Reinhart, Hugo Marenchino.
?Me enc [...]
03/09/2010
México: Decidido impulso al Feminismo
Zacatecas, México, 03 sep. 10. AmecoPress/SEMLAC.- A pesar de las divergencias ideológicas, de edad y de acción, las feministas mexicanas concluyeron en procurar una articulación real para impulsar una efectiva agenda política que impacte en la vida de las mujeres, iniciar juntas una gran jornada contra los embates de la derecha y hacer a un lado las diferencias ante la emergencia que signifi [...]
03/09/2010
Guatemala: Atenderán como emergencias médicas las violaciones contra las mujeres
Guatemala, 03 sep. 10. AmecoPress/Cerigua.- El Ministerio de Salud Pública y Asistencia Social (MSPAS) asumió el compromiso de atender las violaciones sexuales como emergencias médicas, así como a no revictimizar a las sobrevivientes y procurar su recuperación integral, en el marco del lanzamiento de la Campaña 3 Días, que implementará en coordinación con la Convergencia Cívico Política [...]
03/09/2010
Los problemas ambientales afectan especialmente a las mujeres
Sonora ? México, 03 sep. 10. AmecoPress/Cimac.- Como parte de los encuentros ?Género y Cambio Climático?, que se llevan a cabo en el país, para conformar una agenda nacional sobre las causas y efectos del cambio climático, y proponer acciones ciudadanas, organizaciones civiles e instituciones de Sonora, llevaron a cabo un taller temático.
Se trata de recoger las propuestas, visio [...]
03/09/2010
?Eres Igual?, historias que luchan contra la exclusión social
Madrid, 03 sep (10). AmecoPress. Con el objetivo de luchar contra la desigualdad y exclusión social, hoy fue presentado el proyecto ?Eres Igual? en la Casa Encendida.
?
Las mujeres juegan un papel importante dentro del proyecto, pues son ellas quienes narran las historias más reveladoras y son un pilar fundamental de lucha?. Así han coincidido algunos de los autores de este [...]
03/09/2010
Una exposición ironiza sobre la atribución de profesiones según el género
Madrid, 03 sep (10). AmecoPress. Todavía es muy infrecuente ver a una mujer trabajando de carpintera, y más aún a un hombre como bailarín de danza del vientre. Hay determinadas profesiones sobre las que pesan especialmente los roles de género, a pesar de que dichas actividades puede llevarlas a cabo tanto una mujer como un hombre. Laura Fernández y Maria del Mar Fernández exponen estos día [...]
03/09/2010
Convenio entre la Xunta y el Instituto de la Mujer para promover la coeducación
Madrid, 02 sep (10). AmecoPress. La Xunta de Galicia ha firmado un convenio de colaboración con el Instituto de la Mujer para la promoción de la educación en igualdad y la prevención de la violencia de género. El convenio persigue acercar la coeducación al ámbito escolar, para concienciar a la juventud en la importancia de erradicar de la sociedad los prejuicios de género y la violencia ma [...]
03/09/2010
Educación incentiva la presencia de mujeres en mecánica
Madrid, 03 sep (10). AmecoPress La Conselleria de Educación incentiva con 600 euros la matrícula de alumnas en ciclos formativos de instalación y mantenimiento. La orden fue publicada el pasado 7 de junio en el Diario Oficial de la Comunitat Valenciana, aunque es en este mes de septiembre cuando está abierto el plazo de presentación de las solicitudes.
Los estudios y el trabajo del áre [...]
03/09/2010
Extremadura amplía los horarios de las guarderías para favorecer la conciliación
Madrid, 03 sep (10). AmecoPress. Los centros de educación infantil (CEIS) de la Junta de Extremadura amplían su horario de apertura después del acuerdo con los sindicatos CCOO, UGT y CSI-CSIF. Cuatro centros permanecerán abiertos de las siete y media de la mañana a las ocho de la tarde, uno en cada una de las principales ciudades de la región. A partir de este nuevo curso, los centros de edu [...]