• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Colgada na web a primeira relación de cursos que se realizarán nas asociacións e vogalías da muller
23/09/2010    Máis novas
Programa de Formación e Tempo Libre para asociacións promotoras da Igualdade Outubro 2010/ xuño 2011

Acadar a igualdade real entre mulleres e homes é un fin que todas e todos deberíamos perseguir, pois só así conseguiremos unha sociedade máis xusta.

A Concellería de Igualdade promove anualmente a convocatoria dun programa de formación e tempo libre en colaboración con asociacións promotoras de igualdade da cidade. Os cursos desenvólvense nestas entidades, que son as asociacións de mulleres e vogalías da muller das asociacións veciñais adheridas ao programa.

A Concellería oferta 72 horas de formación durante o período do programa que abrangue desde o mes de outubro de 2010 a xuño de 2011 dirixido especialmente ás mulleres maiores de 18 anos, aínda que no módulo de igualdade de oportunidades poden participar tamén os homes.

As persoas interesadas en realizar algún curso deberán poñerse en contacto coas asociacións e vogalías da muller das asociacións veciñais para solicitar información dos módulos formativos elixidos polas entidades. As inscricións formalizaranse nos locais das asociacións e terán prioridade as mulleres (e os homes no caso do módulo de igualdade) que pertenzan ao barrio.

Pódese obter máis información do programa no arquivo adxunto que leva por nome "folleto".
Pódese consultar a relación de cursos que están autorizados pola concellería no arquivo adxunto que leva por nome "listado web"

ARQUIVOS ADXUNTOS:
FOLLETO_2010_11.pdf  970 KB
listado_web.pdf  168 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100