• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaConsello Municipal da Muller  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Consello Municipal da Muller
O Consello Municipal da Muller nace o 2 de decembro de 1993, como unha iniciativa pioneira en todo o estado e co obxecto de garantir o dereito á participación na vida municipal das cidadás viguesas como colectivo social.
         Durante estes anos 25 anos de andaina o Consello Municipal da Muller constituíu un papel favorecedor do encontro das asociacións e entidades que traballan a prol das mulleres en Vigo, adquirindo un papel participativo e aglutinador das políticas a favor da igualdade de oportunidades e trato das mulleres nos distintos ámbitos de intervención municipal. 
 

Cun regulamento específico, que foi  aprobado definitivamente no Pleno da Corporación Municipal o 26 de febreiro de 1993, ten como obxectivos:

  • Estudar e emitir informes sobre temas que considere de interese para as mulleres.
  • Promover e priorizar iniciativas da Concellería de Igualdade e outras institucións derivadas das análises, estudos e demandas realizadas sobre temas relativos ás mulleres.
  • Potenciar a coordinación entre as institucións que actúen neste eido en Vigo.
  • Propoñer actuacións e acordos ás diversas concellerías, á Corporación, aos consellos municipais e a cantas institucións incidan co seu quefacer, ou coas súas omisións, no ámbito da muller.
  • Analizar as actuacións e intervencións que no ámbito da muller se dean na cidade para darlles resposta.
  • Informar, debater e difundir os temas e dereitos das mulleres.
  • Fomentar a presenza e participación das mulleres en todos os ámbitos.
  • Apoiar e fomentar o asociacionismo das mulleres para acadar a meirande participación e solidariedade.
Ver documento (.pdf) Durante estes anos 25 anos de andaina o Consello Municipal da Muller constituíu un papel favorecedor do encontro das asociacións e entidades que traballan a prol das mulleres en Vigo, adquirindo un papel participativo e aglutinador das políticas a favor da igualdade de oportunidades e trato das mulleres nos distintos ámbitos de intervención municipal.

Actualmente as representantes do Consello Municipal da Muller son:

CONCELLERÍA DE IGUALDADE ASOCIACIÓN MUJERES EN IGUALDAD
GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE VIUDAS DEMÓCRATAS DE VIGO 
GRUPO MUNICIPAL DO PP ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE GALICIA
GRUPO MUNICIPAL MIXTO ASOCIACIÓN NÓS MESMAS
ASOCIACIÓN DE MULLERES DORNA SECRETARÍA DA MULLER DA CIG
MULHERES NACIONALISTAS GALEGAS SECRETARÍA DA MULLER DE CC.OO.
ASOCIACIÓN DE MULLERES PROGRESISTAS SECRETARÍA DA MULLER DA UXT
ASOCIACIÓN REDE DE MULLERES VECIÑAIS  CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO UNIDADE DE IGUALDADE DA UNIVERSIDADE DE VIGO (en calidade de convidada)
ESCOLA DE MULLERES SOLIDARIAS DA ÁREA METROPOLITANA DE  VIGO FOANPAS (en calidade de convidada)
ASOCIACIÓN DE MULLERES LÚA ASOCIACIÓN MULLERES E PALABRAS

Desde esta ampla diversidade, o Consello Municipal da Muller é un vehículo fiable para tomarlle o pulso á situación das cidadás, e serve como órgano de consulta e asesoramento das políticas municipais de igualdade.

Dende o seu nacemento, o Consello Municipal da Muller ten organizado centos de actividades centradas na defensa das mulleres en todos os seus ámbitos, na concienciación social a prol da igualdade, na denuncia permanente dos actos sexistas, na repulsa a todos os actos e manifestacións de violencia  contra as mulleres, e na vixilancia constante do cumprimento da lexislación en materia de igualdade por parte das administracións, dos medios, das empresas e da sociedade en xeral.

Moitos foron os acordos nestes anos que dende o Consello Municipal da Muller pasaron a ser discutidos e posteriormente aprobados. Un resumo deles son:
  • 1994. Reivindicación da presenza de mulleres nas adxudicacións públicas, como en Vitrasa.
  • 1995. Difusión dun manifesto e recollida de sinaturas para denunciar a impunidade coa que actúan os agresores que exercen violencia de xénero amparada na lentitude da xustiza e a ambigüidade das leis.
  • 1997. Proposta ao Pleno do Concello de Vigo para que exerza a acusación particular en canta causa penal se desenvolva en Vigo relativa á privación da custodia do/a menor, con quebrantamento de resolución xudicial.
  • 1998. Proposta  ao pleno do Concello de Vigo na que se manifestaba a condena ao terrorismo de xénero e se solicitaba que a totalidade dos concellos de Galicia se dotasen dun programa integral contra os malos tratos.
  • 1998. Manifesto dirixido ao Pleno do Concello de Vigo no que se pide a condena da violencia doméstica e todo tipo de violencia de xénero, e reclamar a adopción inmediata de todas as medidas xurídicas, sociais e políticas precisas para protexer a vida, a dignidade e a equipotencia social das mulleres
  • 1998. Acordo dirixido ao pleno do Concello de Vigo para que se constitúa en parte nos casos de agresións a mulleres
  • 2000. Proposta ao Concello de Vigo para que manifeste a súa condena do terrorismo de xénero, mediante a convocatoria dunha concentración cada vez que se produza un novo asasinato, e apoie as convocadas pola rede de mediadoras veciñais e polas asociacións de mulleres en xeral.
  • 2000. Proposta dirixida ao Pleno do Concello de Vigo para designar co nome de “8 de marzo” a praza da Avenida das Camelias.
  • 2002. Proposta de creación do segundo Xulgado de Familia na cidade.
  • 2.003. Comunicado de rexeitamento ás guerras  “A guerra non é a solución”.
  • 2003. Comunicado polo que se pide a dimisión dos responsables do afundimento do “Prestige”.
  • 2004.Proposta dirixida ao Pleno do Concello de Vigo para que manifeste a súa condena á violencia de xénero mediante a convocatoria dunha concentración na praza do Rei e a gardar un minuto de silencio en cada sesión plenaria, cada vez que se produza un novo asasinato.
  • 2007. Proposta para considerar os funerais de mulleres asasinadas por mor da violencia de xénero como funerais de rango público, nos que as autoridades presidan o acto.
  • 2010. Solicita o ingreso de María Xosé Queizán na Real Academia Galega.
  • 2010. Elabora un dossier coa biografía de 27 mulleres que tiveron un papel destacado no desenvolvemento da cidade, co obxecto de reivindicar a súa visibilidade e memoria no bicentenario de Vigo. 
  • 2011. Comunicado de rexeitamento do “Anteproxecto de Lei de apoio á familia e á convivencia en Galicia” da Xunta de Galicia.
  • 2011. Organización dos I Encontros de Consellos Municipais da Muller
  • 2012. Inauguración do Roteiro en Feminino “Sons de mulleres” con sinalizacións verticais na rúa, para recoñecer o labor de mulleres da nosa cidade de diferentes ámbitos, e dentro del un espazo público co nome de 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
  • 2013. Apróbase instaurar un Premio pola Igualdade co nome de Ernestina Otero.
  • 2013. Manifesto de rexeitamento sobre a reforma da Lei do aborto.
  • 2013. Adhesión á plataforma pola defensa do dereito ao aborto.
  • 2016. Proposta ao Concello de Vigo para que no marco do proxecto municipal de arte mural empregue a Praza “8 de marzo” para a realización dun mural co lema “Vigo libre de violencias machistas”.
  • 2011-2018. Colaboración na iniciativa municipal “EnlazaVigo contra a violencia de xénero”.
  • 2017. Manifesto de rexeitamento á actuación de Jorge Cremade en Vigo polo seu carácter marcadamente machista e no que alude de xeito frívolo ás agresións contra as mulleres.
  • 2016-2018. Colaboración na organización das Xornadas Municipais “Unidas contra as Violencias Machistas”
  • Creación de comisións de traballo co fin de colaborar coa Concellería de Igualdade na organización de campañas en torno ás datas conmemorativas do 8 de marzo “Día Internacional das Mulleres”, e 25 de novembro, “Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres”.
  • Convocatoria de manifestacións e difusión de comunicados de repulsa ante os casos de mulleres asasinadas por motivo da violencia de xénero.
  • Apoia as manifestacións contra o desmantelamento da Sanidade Pública convocadas pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e a Xunta de Persoal do SERGAS.
  • Vixilancia e denuncia da publicidade sexista.
  • Propostas e suxestións aos proxectos de plans municipais de igualdade e contra a violencia de xénero que aprobaron os diferentes gobernos municipais logo da aprobación inicial no Consello Municipal da Muller.
  • Impulso á creación de espazos propios como a Casa das Mulleres, servizo adscrito á Concellería de Igualdade, situado na r/ Romil, 20.
  • Comunicados de repulsa contra as manifestacións sexistas e discriminatorias de algúns cargos políticos, relixiosos…
  • Propostas de nomes de mulleres para incluír no rueiro municipal.


Este resumo é unha simple mostra de moitas outras actividades, actos, reivindicacións, que o consello Municipal da Muller ten desenvolvido durante a súa ampla traxectoria - 25 anos facendo camiño-.

A visibilización e difusións desta traxectoria procura tamén ofrecer unha homenaxe a todas aquelas mulleres que nestes 25 anos de andaina traballaron a prol da defensa dos dereitos das mulleres e para conseguir un futuro libre de violencias machistas e, polo tanto, na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e todos nós.



 Descargar documento completo (.pdf)  




DOCUMENTAL: Consello municipal da muller de Vigo - 25 anos facendo camiño

Un documental que retrata os logros dos últimos 25 anos do Consello Municipal da Muller de Vigo, organismo pioneiro en España que serviu de referencia para outros e que forma parte da historia do feminismo da cidade.  Trázanse os momentos decisivos por medio de material de arquivo e entrevistas ás asociacións de mulleres e secretarías da muller de sindicatos hoxe inscritas. Unha mirada ao pasado que reflexiona tamén sobre o presente e o futuro das últimas manifestacións do 8M.

Dirixido por Xisela Franco.
Duración: 33:22 min.

Ver documental

25 anos de historia




imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100