• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
PROGRAMACIÓN CASA DAS MULLERES FEB/XULLO
13/02/2012    Máis novas
Desde o mes de febreiro ata o mes de xullo, a Concellería de Igualdade organiza numerosas e variadas actividades na Casa das Mulleres.

En arquivo adxunto pódese consultar toda a información sobre a programación que acollerá a Casa das Mulleres durante os vindeiros meses.
No programa poderedes atopar numerosas e variadas actividades que agardamos sexan do voso interese:

II Ciclo "Muller e Ciencia"

A exposición "A muller, unha innovadora na Ciencia" poderase visitar durante todo o mes de febreiro
Profesoras da Universidade de Vigo como Amelia Verdejo Rodríguez ou Carmen Quinteiro Santodomingo, colaboran no ciclo co relatorio "Mulleres matemáticas" e o videoforum "La verdad oculta" , 14 e 16 de febreiro respectivamente.

O día 13 de abril, integrantes da asociación "Xiara" (Plataforma pola dignificación do emprego no fogar" informarannos dos cambios que introduce o Real Decreto 1620/2011 para as empregadas do fogar.Tamén proxectarase a curta "Esquecidas" realizada pola propia asociación.

Durante os meses de abril, maio e xuño continuaremos co III Ciclo "Muller e Saúde integral". Nesta nova edición compaxinaremos sesións de relatorios con sesións demostrativas e exemplos prácticos para mellorar a nosa calidade de vida.: "A saúde feminina a partir dos 40"; "Practiquemos risoterapia. efectos beneficiosos"; "A depresión feminina"; "Exercitemos a nosa autoestima"; "Prevención de cancro de pel"; "Casos prácticos: primeiros auxilios no verán"

"Sen medo a internet": servizo de achegamento ás novas tecnoloxías para as mulleres que non saben manexarse cun ordenador


No documento adxunto podedes atopar información ampliada sobre estas e outras actividades programadas.


ARQUIVOS ADXUNTOS:
DIPTICO_CdM_2012_v2.pdf  88 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100