• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaObservatorio municipal de xénero  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Observatorio municipal de xénero


O Observatorio Municipal de Xénero é un instrumento do Concello de Vigo que ten como función recoller as queixas e suxestións da cidadanía en relación coa igualdade de xénero.

Este instrumento responde tamén á necesidade de avanzar cara á obtención de diagnose e análise sobre a situación das mulleres na cidade de Vigo. A creación deste observatorio ven recollida na área 1 “Educación en Igualdade” do IV plan de Igualdade Municipal de Oportunidades entre mulleres e homes 2009/2012, aprobado polo pleno da corporación municipal no mes de novembro de 2010. Por isto, someterase aos mesmos mecanismos de seguimento e avaliación que o conxunto de este.

O Observatorio pretende recibir as reclamacións cidadás sobre calquera situación que vulnere o dereito da igualdade de oportunidades na cidade de Vigo, e difundir datos e estudos específicos sobre a situación das mulleres no noso contorno.

Entre as súas funcións estarán:

- A recepción, canalización e investigación das reclamacións e denuncias de situacións de discriminación por razón de sexo realizadas pola cidadanía.
- Formulación de recomendacións, e propostas destinadas ás iniciativas públicas e privadas.
- Proporcionar datos, informacións e estudos realizados sobre a situación das mulleres no noso contorno.
- Identificar e analizar as desigualdades existentes nos distintos ámbitos da vida das cidadás de Vigo.
- participar e articular o seguimento e avaliación do IV Plan de Igualdade Municipal.
- Dar conta periodicamente da xestión levada a cabo ao Consello Municipal da Muller.
- A avaliación do impacto na sociedade viguesa das políticas de igualdade que se están poñendo en marcha.


Estudos e informes que analizan a situación das mulleres na cidade de Vigo:
imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100