• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Apertura do prazo de inscrición para participar nas actividades formativas da Casa das Mulleres
22/01/2019    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil 20).

.- Proceso de inscrición:
Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición e unha vez firmada deberá enviarse á Concellería de Igualdade ou a Casa das Mulleres, ben en persoa ou por email. Enviarase unha ficha por cada unha das actividades solicitadas.

Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
Lugar de inscrición: na Casa das Mulleres (Romil 20, de luns a venres, 17:30-21:30h; ou casadasmulleres@vigo.org); na Concellería de Igualdade (1º andar do Concello de Vigo, de luns a venres, 9:00-13:30; ou ofi.muller@vigo.org)

.- Criterios de admisión nas actividades con límite de prazas: terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia. Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.
Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono/whatsapp

.- CURSO DE INTRODUCIÓN Á IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES
Destinado a: homes e mulleres maiores de 18.
Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.
Obxectivos:
Facilitar a deconstrución dos roles de xénero.
Dar a coñecer as orixes das desigualdades que hoxe en día persisten entre mulleres e homes, así como as súas manifestacións e formas de abordalas.
Proporcionar ferramentas para incorporar estratexias de igualdade no labor vital e profesional cotiá.
Contidos:
Introdución ao sistema sexo-xénero.
A linguaxe como elemento transversal na socialización diferencial.
Principais consecuencias da socialización de xénero.
As violencias machistas. Os micromachismos.
A acción positiva e o mainstreaming de xénero como estratexias para o cambio.
Temporalización:
Duración: 10 sesións. 25 horas.
Datas: xoves, do 7 de febreiro ata o 25 de abril. Non lectivo: 28 marzo e 18 abril.
Horario: de 18.00 a 20.30.

.- OBRADOIRO DE ESCRITURA: ESCRIBIR A NOSA HISTORIA (INICIACIÓN)
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: Graciela Baquero Ruibal.
Obxectivos:
Propiciar a visibilidade do colectivo de mulleres.
Favorecer o empoderamento da nosa expresión e o recoñecemento das mulleres como protagonistas.
Fortalecer a súa identidade.
Contidos:
A actitude creativa. Técnicas de desbloqueo: xogos para desaprender.
Quen escribe? Tipo de narradoras e narradores.
O ritmo na escritura: a respiración dun texto.
Os poboadores e poboadoras do pasado: creación de personaxes.
A paisaxe dos nosos recordos: técnicas descritivas.
A escrita dos sentidos: formas de aprehender o mundo.
Ten que parecer verdade: técnicas de verosimilitude.
O ton e a atmosfera.
Temporalización:
Duración: 8 sesións. 20 horas.
Datas: mércores, do 6 de febreiro ao 27 de marzo.
Horario: de 18:00 a 20:30h.


.- OBRADOIRO PINTURA E XÉNERO.
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: María Soliño González.
Obxectivos:
Coñecer a artistas que quedaron agochadas ao longo na historia da arte.
Aprender conceptos básicos da pintura e o debuxo.
Enfrontarnos a creación de debuxos e pinturas con ferramentas prácticas e teóricas.
Contidos:
Mulleres na historia do arte: Laura Knight, Mary Cassatt e Suzanne Valadon.
Composición, equilibrio, contraste.
Elaboración dun traballo práctico.
Temporalización:
Duración: 10 sesións. 25 horas.
Datas: martes, do 5 de febreiro ao 23 abril. Non lectivo: 19 marzo e 16 abril.
Horario: de 18:00 a 20:30h.


ARQUIVOS ADXUNTOS:
Ficha_inscricion_actividades_Casa_das_Mulleres.pdf  170 KB
cartel_informativo_actividades__Casa_das_Mulleres.pdf  202 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100