• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaServizos e Recursos  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero

Servizos e Recursos


Teléfono da muller: 986 293 963

Servizo municipal de información e asesoramento telefónico para mulleres, dirixido especialmente ás vítimas da violencia.

Atendido as 24 horas do día por persoal especializado, asegura unha orientación inmediata e precisa sobre recursos e servizos existentes na comunidade achegándolles ás mulleres vítimas da violencia información urxente sobre recursos legais e sociais ao seu alcance e apoio e atención en situacións de angustia.

 Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

Servizo municipal de información e asesoramento ás mulleres adscrito á  Concellería de Igualdade, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral dende unha perspectiva de xénero, desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás vítimas da violencia.

O Centro é atendido por un equipo de profesionais composto por unha psicóloga, unha avogada, unha traballadora social e unha administrativa.
É a vía de entrada á Casa de Acollida para Mulleres Maltratadas de Vigo, así como ao Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI).

Programas Xerais: 

  • Programas de información e asesoramento xurídico, social e psicolóxico.
Programas dirixidos a mulleres víctimas da violencia:
  • Programa de asistencia psicolóxica especializada: Asesoramento, intervención en crise, terapia individual, terapia de parella, terapia grupal e terapia familiar.
  • Programa de asesoramento e apoio social: Acollemento, procura de vivenda, asesoramento en recursos e solicitude de prestacións económicas, escolarización e coidado das fillas e fillos, recursos e apoio social, saúde.
  • Programa de asistencia para a integración laboral: Dirixido ás usuarias e exusuarias da Casa de Acollida.
  • Programa de asesoramento e asistencia xurídica: Asesoramento en todo tipo de consultas penais e de dereito e de familia. Asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia. Asistencia nas xestións xurídicas que procedan.
Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h e xoves de 17:00 a 20:00 h.
Enderezo: rúa Romil, 20. 36203 Vigo
Teléfono: 986 293 963
Fax: 986 201 153
Consulta xurídica on-line: osnososdereitos.muller@vigo.org


 
 

Consulta xurídica on-line

osnososdereitos.muller@vigo.org

 O Concello de Vigo pon a disposicición das mulleres que estean interesadas un correo electrónico para que poidan facer consultas xurídicas sobre o dereito de familia, malos tratos, dereito penal, dereito civil, discriminación sexual, acoso laboral, etc.

As consultas serán respostadas directamente pola avogada do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. A resposta a ditas consultas, en xeral e salvo situacións concretas especiáis (vacacións, días non laborables, etc), non se dilatará, na medida do posible, máis aló de 24-36 horas.

 Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de violencia de xénero

O Concello de Vigo ,en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Secretaría xeral da Igualdade, pon en marcha este Centro coa finalidade de ofrecer un aloxamento inmediato e de curta estancia ás mulleres ( e ás súas fillas e fillos) que se atopan inmersas nunha situación de malos tratos, garantíndolles un acollemento de emerxencia mentres se valora a súa situación, se inicia o tratamento ou se efectúa unha derivación a outro dispositivo máis axeitado

Durante a súa estadía no Centro as mulleres  contan co apoio e asistencia psicolóxica, xurídica e social.


Horario e contacto
O Centro  está aberto as 24 horas do día.
Teléfono municipal de información 24 horas: 986 293 963.
Enderezo electrónico: centro.de.emerxencia@igualdadebenestar.org

Rede de Mulleres veciñais contra os Malos Tratos

Grupo de mulleres veciñais de Vigo cuxa actividade principal consiste en prestar atención, apoio e acompañamento ás mulleres no proceso de concienciación e ruptura coas situacións derivadas dos malos tratos.

Acceso ao servizo:
Vía telefónica ou acudindo ao local da asociación.

Actuacións xenéricas de apoio ás vítimas dos malos tratos:

  • Denuncia da violencia.
  • Escritos e publicacións en prensa.
  • Presenza na rúa, en xuízos, en xornadas e actos públicos.

Actuacións concretas de atención, información e acompañamento ás mulleres vítimas dos malos tratos:

  • Actuacións nos casos de xuízos.
  • Entregas e recollidas de fillas e fillos.
  • Acompañamento en hospitais ou ante a policía
  • Acompañamento nos casos derivados polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
  • Derivación ao servizo pertinente dos casos que requiran axudas de carácter técnico e/ou profesional.
     

Contacto
Rúa Oliva, 12
36202
VIGO
Teléfono de Atención as Vítimas: 606 929 137 ou 986 222 328
Enderezo electronico: redemediadorasvigo@hotmail.com  

 

  Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia

Servizo dependente da Concellaría de Igualdade, previa valoración económica da unidade familiar, o servizo consiste no coidado persoal das fillas e dos fillos menores de dez anos, desde a hora solicitada ata o seu regreso.
A solicitude do servizo de atención ou acompañamento farase cunha antelación mínima de 24 horas, podendo realizarse de xeito individual ou para colectivos.

O acceso será a través da traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

Contacto e horario para solicitar o servizo :
Teléfono: 986 29 39 63. Fax: 986 20 11 53.
Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 e xoves de 17:00 a 20:00 horas.

Obxectivos do Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia
O obxectivo principal é contribuír á armonización da vida laboral profesional e persoal das mulleres, en especial das mulleres vítimas da violencia.
Favorecer a incorporación da muller ao traballo.
Fomentar a formación académica e ocupacional das mulleres.
Potenciar e facilitar a participación das mulleres nas actividades de asociacionismo: ANPAS, movementos veciñais, asociacións veciñais, etc.
Acadar tempo propio e persoal, específico para cada muller.

Documentación necesaria
DNI.
Libro de Familia.
Volante de empadroamento.
Xustificante de ingresos da unidade familiar.
Comprobante do motivo polo que se solicita o servizo.
Outros que poderá solicitar a traballadora social.

Casos e situacións nos que se pode solicitar o Acompañamento
Ampliación de la formación personal (oposiciones, cursos, alfabetización, graduado escolar…).
Entrevistas para probas de trabajo.
Comparecencia ante calquera administración.
Urxencias: ingresos hospitalarios, accidentes, atención a casos de extrema gravidade mentres non poidan ser resoltos por outros servizos especializados.
Participación nas asociacións de mulleres ou socio-culturais: ampas, sindicatos, asociacións veciñais. Neste caso o servizo será colectivo e o acompañamento realizarase no centro onde as nais realicen a actividade.
Ampliación da formación persoal (oposicións, cursos, alfabetización, graduado escolar...).

Servizo Individual de Atención Domiciliaria
A duración máxima da atención é de 4 horas, de luns a venres entre as 7:00 e as 23:00h.
En ningún caso deixarase ás e aos menores sós.
O acompañamento realizarase na casa da beneficiaria.
O acceso será a través da traballadora social do Centro de Información dos Dereitos da Muller.
Realízase previamente unha valoración económica da unidade familiar, con referencia ao Salario Mínimo Interprofesional, xa que logo varía en función deste.

Servizo Colectivo de Acompañamento
O servizo prestarase no centro onde as nais realicen a actividade.
Deberá dispor dun espazo habilitado e material para o entretemento que pode solicitarse ás ludotecas municipais.
Deberá reunir a condicións de hixiene e seguridade necesarias para atender aos menores.
 

Punto de Información

Os Puntos de Información ofrecen asesoramento e información específica sobre violencia e malos tratos e derivan as mulleres ao Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller ou ao servicio pertinente. Detectan e denuncian os casos de malos tratos. Proporcionan información xeral sobre servizos específicos para mulleres en materia de formación, traballo e recursos.
Actualmente funciona un Punto de Información en Vigo.

Zona Coia
En colaboración coa Asociación de Mulleres Dorna.
Enderezo: rúa Salceda de Caselas 3, baixo.
Teléfono: 986 29 84 65.
Horario: de luns a venres de 10:00 a 13:00h.


Casa das Mulleres

A Casa das Mulleres é un espazo utilizado tanto pola Concellería de Igualdade como polas asociacións e colectivos de mulleres da cidade. Nela impártense cursos, realízanse reunións, exposicións e conferencias.

Acceso gratuíto a internet a través de WIFI para as mulleres e colectivos de mulleres que o precisen.

Horario:
Permanece aberta de luns a venres de 17:30 a 21:30 horas.

Instalacións:
A Casa das Mulleres conta con tres aulas espaciosas, unha oficina e un almacén-arquivo. Nas súas dependencias desenvólvense programas de actividades organizados desde a concellería por diferentes asociacións de mulleres.

Contacto:
Está na rúa Romil, 20. 36202 VIGO
Telefóno 986 44 21 94
Fax 986 44 21 95

Enderezo electrónico: casadasmulleres@vigo.org

 

 

 
Centro de documentación e Recursos Feministas

O 25 de marzo de 2010 foi inaugurado o Centro de Documentación e Recursos Feministas polo Tenente de Alcalde, a concelleira de Igualdade e o concelleiro de Cultura. O Centro emprázase na 2ª planta da Biblioteca Central (rúa Joaquín Yañez,6. Casco Vello).

Este centro, dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas. Recolle a documentación recompilada pola extinta asociación "GECM-Alecrín" desde os anos 80 e o fondo documental xerado pola concellería de Igualdade.

Os fondos da nova dotación municipal están integrados por 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais, dos que moitos están xa fóra do mercado e descatalogados.

No acto inaugural, a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, agradeceu ao Consello Municipal da Muller, por decidir que a sala da Biblioteca recibise o nome de Centro de Documentación e Recursos Feministas así como a todas as mulleres que dun xeito individual ou colectivo contribuíron coas súas achegas.

O novo Centro ofrece os seguintes SERVIZOS:

. Atención directa ou por medios telemáticos
. Consulta de documentación en sala de lectura
. Préstamo a domicilio
. Préstamo interbibliotecario
. Asesoramento documental
. Busca en base de datos
. Actividades de extensión cultural: exposicións, bibliográficas, animación á lectura, charlas, debates, etc.

Horario:
Luns e venres de 11 a 13 horas
Martes, mércores e xoves de 16,30  a 20,30 horas
( no mes de agosto o centro permanecerá pechado)

Enderezo:
Biblioteca Pública Central
R/Joaquín Yañez,6-2º andar (Casco Vello)
36202-Vigo

Contacto:

Teléfono: 986 229 074
enderezo electrónico: centro.documentacion.feminista@vigo.org

 




 
Subir

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100