• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Campamentos lúdicos de igualdade no Nadal
21/12/2023    Máis novas
Campamentos lúdicos de Igualdade no Nadal
Sen inscrición previa para nenas e nenos de 3 a 12 anos

Os campamentos lúdicos de igualdade se organizan co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante o Nadal. Desde este venres, 22 de decembro, e ata o 30 de decembro, o Concello de Vigo ofrece actividades gratuítas e sen necesidade de inscribirse previamente en catro espazos : o Marco (salón de actos), a Oficina municipal de Distrito de Bouzas, a Oficina municipal de Distrito de Teis e a sala de exposicións do Verbum.

En horario de mañá e de tarde, para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, haberá manualidades creativas, xogos educativos e accións de convivencia e igualdade coas que se promoven valores de igualdade e se favorece a resolución pacífica de conflitos de forma lúdica e participativa.

Lugares, datas e horarios:

Oficina Municipal de Bouzas
Rúa de Eduardo Cabello, 41A.
22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 10 a 12:30 e de 17:00 a 20:30
23 e 30 de decembro de 10:00 a 12:30

Oficina Municipal de Teis
Rúa Maceiras, s/nº
22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 10 a 13:00 e de 17:00 a 20:30
23 e 30 de decembro de 10:00 a 12:30

Salón de actos do MARCO
Rúa do Príncipe, 54
22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30
23 e 30 de decembro de 11:00 a 14:00

Sala de exposicións do Verbum
Avda. Samil, 17
28 de decembro de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 20:30
29 de decembro de 9:30 a 14:30

Idades: para nenas e nenos de 3 a 12 anos

SEN INSCRICIÓN PREVIA!

ARQUIVOS ADXUNTOS:
campamentos_ludicos_de_igualdade_no_Nadal.jpg  3431 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100