• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Aberto o prazo de inscrición para o curso "UNHA VIAXE COAS PINTORAS DAS VANGARDAS”
12/09/2014    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na Casa as Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.

Inscrición previa desde o día 12 de setembro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .

Obradoiro: “ UNHA VIAXE COAS PINTORAS DAS VANGARDAS ”

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.

Obxectivos:

Viaxar a través do tempo co fin de ampliar os nosos coñecementos artísticos e culturais enfocando o tema das Vangardas Europeas dun xeito persoal e íntimo.

Empregar os medios plásticos como ferramenta para sacar eses sentimentos agochados e a vangarda proposta á visualización externa.

Explicar o papel da muller neste contexto e o seu valor artístico na historia das vangardas.

O desenvolvemento do programa consta de 36 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración cada unha.

Periodo e hoario: os mércores desde o 1 de outubro ata o 17 de decembro de 18:00h a 21:00 h.


imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100