• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Concurso de microvídeos polo Día Internacional das Mulleres
10/03/2012    Máis novas
Con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o concurso de MICROVÍDEOS "8 de marzo, Día Internacional da Muller- 2012"

Este concurso, convócase co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres así como para servir de canle para amosar as achegas que ao longo da historia fixeron e fan as mulleres ben de xeito individual
ou colectiva.

Obxecto
As obras versarán sobre os dereitos das mulleres, a igualdade de oportunidades , amosar as achegas que ao longo da historia fixeron e fan as mulleres, ben de xeito individual ou colectiva, ou sobre o papel que desenvolven as mulleres tanto no ámbito público coma no privado.
A modo de exemplo e sen que teña carácter excluínte, as obras presentadas poderán tratar algunha das seguintes temáticas : Recuperación das achegas das mulleres á sociedade,conciliación e distintos usos dos tempos, a corresponsabilidade doméstica, o empoderamento, emprego, saúde, cultura, educación,...

ASPECTOS TÉCNICOS:
Os microvídeos que se presenten deberán estar en lingua galega e non superar os 3 minutos de duración.

REQUISITOS:
Poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas maiores de 16 anos.
cada participante só poderá presentar ao concurso un único microvídeo

PRESENTACIÓN DAS PROPOSTAS:
Os mircrovídeos presentaranse unicamente a través do espazo web www.igualdadevigo.org/concursovideos

PRAZO:
Do 1 ao 31 de marzo de 2012

IMPORTARTE:
As persoas interesadas en participar neste concurso deben ler e aceptar as bases íntegras da convocatorias no sitio web convocatoria, bases do concurso e inscricións

Resumo das bases no arquivo adxunto:




ARQUIVOS ADXUNTOS:
Concurso_microvideos_marzo_2012.pdf  517 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100