• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Aberto prazo de inscrición para obradoiro "Libro de recordos. Recuperando a identidade das mulleres"
18/09/2014    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.

Inscrición previa desde o día 19 de setembro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.

Lugar de realización do obradoiro: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .

“LIBRO DE RECORDOS. RECUPERANDO A IDENTIDADE DAS MULLERES"

Dirixido a : mulleres maiores de 18 Fwd: anos, dando preferencia ás maiores de 45 anos.

Obxectivos/Contidos:

* Traballar o autocoñecemento persoal a través de imaxes persoais e/ou familiares, que mostren a nosa traxectoria vital.

* Coñecer a nosa identidade como mulleres a través da fotografía.

* Aumentar a autoestima das mulleres e o seu empoderamento.

* Elaboración dun libro de recordos coa técnica do scrapbooking.


O desenvolvemento do programa constará de 20 horas en total, distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.

Período e horarios:os luns desde o 6 de outubro ata o 15 de decembro de 18.00 a 20.00 h.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100