• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Campamento de Nadal para nenas e nenos de 5 a 10 anos
09/12/2010    Máis novas
A Casa das Mulleres acollerá un campamento de Nadal para nenas e nenos de 5 a 10 anos de idade durante os días 27, 28 e 29 de decembro na primeira quenda e os días 3, 4 e 5 de xaneiro na segunda quenda.

Con esta actividade a concellería de igualdade pretende axudar á conciliación da vida laboral e familiar, eliminar estereotipos sexistas e educar en valores.

Deste xeito e durante os 3 días que dura o campamento ofreceremos ás nenas e aos nenos participantes numerosas e variadas actividades, como: contacontos, cancións, xogos de mesa,recuncho de lectura, obradoiros de construción de xoguetes, obradoiro de cociña, etc.

Cada día adicarémolo a un tema concreto.
A IGUALDADE: día 27 de decembro ou 3 de xaneiro (segundo a quenda elixida):
OS XOGOS E OS XOGUETES: día 28 de decembro ou 4 de xaneiro (segundo a quenda elixida)
A CORRESPONSABILIDADE: día 29 de decembro ou 5 de xaneiro (segundo a quenda elixida)

A inscrición realizarase por riguroso orde de chegada das solicitudes á concellería de igualdade.
O prazo de inscrición comeza o luns 13 de decembro e manterase aberto ata cubrir as prazas en cada unha das quendas ofertadas.
As familias interesadas deberán acudir persoalmente á concellería de igualdade en horario de 8:00 a 15:00 h. achegando a documentación recollida no dossier que se xunta.

Máis información: 986 810 284

ARQUIVOS ADXUNTOS:
folla_de_inscricion.pdf  172 KB
dossier_campamento.pdf  107 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100