• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Actualizado 2019- Listado de cursos gratuítos que programa a Concellería de Igualdade e que se realizarán nos locais das asociacións veciñais
22/01/2019    Máis novas
Un ano máis, a Concellería de Igualdade pon en marcha o programa formativo "Ser muller é unha boa idea" por medio do cal ofértanse 52 horas de formación ás vogalías da muller das asociacións veciñais.


Nesta nova edición do programa que abrangue o período de outubro de 2017 a xuño de 2018, ofrecémoslles ás entidades 52 horas de formación, distribuídas en dous módulos.

I. MÓDULO DE IGUALDADE.
Contidos: cunha metodoloxía dinámica e participativa para tratar aspectos como dereitos e recursos, achegas das mulleres á historia, á conciliación, á corresponsabilidade doméstica e familiar, roles e estereotipos de xénero, linguaxe sexista, violencia de xénero, etc

Dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos

12 horas distribuídas en 6 sesións de 2 horas de duración cada unha

II. MÓDULO DE HABILIDADES E TEMPO LIBRE
As entidades poderán elixir 40 horas de formación, (distribuídas en 1 curso de 40h ou en 2 cursos de 20h de duración cada ún) de calquera das materias que se lles oferta desde a Concellería de Igualdade

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos


Os cursos son gratuítos. As mulleres que desexen inscribirse nalgún dos cursos que se relacionan no documento adxunto, deberán contactar canto antes coas entidades onde se van celebrar.

Terán preferencia as mulleres do barrio, sexan ou non socias da asociación. A entidade non poderá obrigar ás alumnas a ser socias nin cobrar cantidade algunha por recibir esta formación

Para obter información dos cursos aprobados hai que consultar o documento adxunto. Esta relación ampliarase e actualizarase a medida que as asociacións veciñais soliciten o programa durante esta edición.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
3_listado_cursos_2019_web_.pdf  212 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100