• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
LOS PLACERES DE LOLA. Obradoiro de erotismo para mulleres. Aberto o prazo de inscrición para 2 obradoiros!
18/09/2008    Máis novas
Lilith. Acción Social e Educativa e Los Placeres de Lola impartirán un obradoiro tuppersex feminista cun fin formativo ademais de lúdico, no que se pretende quitar de encima os mitos, tabús e prexuízos e permitir que as mulleres poidan gozar, coñecerse, reivindicar e descubrir a súa sexualidade.

Destinatarias: Mulleres maiores de 18 anos. Darase prioridade ás que estean empadroadas no Concello de Vigo.
Buscamos:
Promover unha sexualidade integral
Favorecer o autocoñecemento erótico, a través da aceptación e afirmación da nosa sexualidade individual.
Facilitar a adquisición, desenvolvemento e interiorización de hábitos saudables, autoestima, seguridade, e a posta en práctica a través do fomento da autoexploración sexual.
Habilitar, ás mulleres participantes, un espazo de coñecemento persoal para reflexionar, redescubrir e compartir.
Sensibilizar acerca da importancia do autodescubrimento do noso pracer, a través do coñecemento da nosa anatomía fisiolóxica, as tipoloxías de xoguetes eróticos, cosmética sensorial e os seus usos.
Crear un ambiente de distensión e confianza que facilite a participación e o apoio mutuo dentro do grupo.
Contidos:
Aclaración de conceptos básicos: anatomía e fisioloxía sexual, pracer, xoguetería erótica.
Información do uso e práctica da xoguetería erótica.
Casos prácticos.
Aclaración de dúbidas.

Datas a elixir:
Venres 10 de outubro de 19,00 a 21,00 h. 25 prazas.
Ou Sábado 8 de novembro de 11,00 a 13,00 h. 25 prazas

Lugar: Centro Cívico do Casco Vello. Rúa Oliva,12. Vigo

Inscricións: As inscricións realizaranse na Concellería de Igualdade.1ª planta Casa do Concello. Teléfono 986.810.284 en horario de 8 a 15 h. ata completar o número de prazas en cada un dos cursos.

Prazas limitadas

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100