• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Presentación da segunda edición do Programa Empatía
19/11/2009    Máis novas
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este martes a segunda edición do programa "Empatía", dirixida a toda a comunidade educativa dos centros de ensino secundario, e que busca promover a cultura da igualdade de oportunidades

Na presentación aos medios a edil salientou que é preciso desenvolver medidas de prevención para a xente máis nova, xa que cada vez se atopan máis "discriminacións de xénero e actitudes machistas" entre a mocidade.

O programa ofrece distintos tipos de actividades impartidas por profesionais con especialidade neste eido. Deste xeito, ofrécense cursos de formación para o profesorado, especialmente dirixido aos titores e titoras. A duración será variable, con sesións de 4 a 12 horas, nas que se abordarán cuestións como o sexo, xénero e sexismo; escola mixta e escola co-educativa; educación afectiva e sexual; violencia na escola e recursos para o traballo na aula.

"Empatía" tamén inclúe sesións de traballo con pais, nais e persoas que posúan a tutela dos menores, co obxectivo de que proporcionarlles ferramentas para abordar o problema da desigualdade. Cada sesión terá unha duración de 2 horas, nas que se abordará a desigualdade no ámbito privado, os modelos familiares, a expresión dos sentimentos e a sexualidade e os tempos de lecer.

Os obradoiros para o alumnado están dirixidos ao alumnaod dende 1º a 4º da ESO, "adaptados ao nivel de cada curso", segundo apuntou Iolanda Veloso. Así, en primeiro tratarase a discriminación social das mulleres; en segundo abordarase sexo e xénero; en terceiro a corresponsabilidade e as relacións amorosas na igualdade; e en cuarto falarase da escolla profesional en función do xénero e os dereitos sexuais, entre outras cuestións.

Finalmente, o programa desenvolverá "accións educativas de curta duración", dirixidas a a calquera grupo de persoas dos centros de ensino secundario de Vigo que consistirán en conferencias entre 50 minutos e 1 hora de duración. Abordarán temas como a corresponsabilidade, a violencia de xénero, o sexismo nos medios de comunicación, mulleres na ciencia e os tipos de masculinidade.

A convocatoria deste ano é resultado da boa acollida que tivo a iniciativa posta en marcha o ano pasado, que é "satisfactoria para a Concellería". Na súa primeira edición, no programa "Empatía" participaron 8 institutos da cidade e entre 715 e 800 estudantes.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100