• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaCoeducación  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero

Coeducación

Camiña con nós pola Igualdade

Camiña con nós pola Igualdade é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 6º de Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
Podes consultar nesta web edicións anteriores.

Movimos os pés e xa somos 29 centros e máis de 2.200 alumnas e alumnos da nosa cidade os que vimos participando nos obradoiros de Camiña con nós pola igualdade para promover a igualdade de oportunidades entre nenas e nenos.

Díptico

 

Benvidas/Vanakkam

O Concello de Vigo repartirá 500 unidades didácticas en diversos centros de ensino da cidade co obxectivo de facilitar ao profesorados ferramentas coas que profundizar na igualdade entre nenos e nenas, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.
A edil explicou que esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa asociación Implicadas/os no Desenvolvemento, pretende axudar ao profesorado de 3º e 4º da ESO a traballar aspectos relacionados co xénero, a interculturalidade e a situación sociocultural de Tamil Nadu, na India.

Iolanda Veloso salientou que Implicadas/os no Desenvolvemento se centra no traballo coas mulleres para promover a súa autonomía "proporcionando ferramentas para que poidan cambiar a súa vida e o seu contorno". Neste sentido, indicou que a unidade didáctica elaborada por esta entidade proporciona un amplo material ao profesorado para que poida traballar nos diferentes temas propostos dun xeito dinámico. Segundo sinalou a concelleira nacionalista, a proposta inclúe exemplos de situacións similares de mulleres de diferentes culturas, como pode ser no tocante a roupa e o papel que xoga a saia en occidente e o sari na India.

A escritora María Reimóndez, pola súa banda, explicou que a unidade didáctica que se repartirá nos centros educativos está baseada nun libro no que se recollen textos de autoras galegas e tamiles nos que se poñen en dúbida diversos estereotipos relacionados coas mulleres. Segundo a representante de Implicadas/os no Desenvolvemento, que desenvolve o seu traballo intercultural coa India e Etiopía, os obxectivos da unidade didáctica inclúen achegarse á literatura feita dende outras culturas, entender os problemas derivados do xénero cun enfoque global, desmitificar algúns aspectos existentes sobre a India e provocar unha reflexión crítica sobre as diferenzas por causa do xénero.

Descargar unidade didáctica


Camiña con nós pola Igualdade

“ CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE” é un proxecto que se enmarca no II Plan de acción municipal para combater a violencia contra as mulleres 2004-2007 e no III Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Vigo 2005-2007.

O obxectivo principal de “Camiña con nós pola igualdade” é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas dende a comunidade educativa para promover a coeducación  e previr a violencia de xénero.

Memoria do programa curso 2005


Memoria do programa  cursos 2006/07

 Memoria do programa curso 2007/08
 

Xogo Planeta Igualdade

O xogo coeducativo "Planeta Igualdade" nace a partir do desenvolvemento do programa da Concellaría da Muller "Camiña con nós pola igualdade", que ten como obxectivo principal fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa, así como promover a coeducación para previr a violencia de xénero. Un total de 20 centros educativos e 1.750 alumnos e alumnas participaron nesta iniciativa no curso 2005-2006. A maioría das caixiñas do taboleiro inclúen reproducións de debuxos e collages feitos por alumnos/as de 6º de Primaria dos centros: Chans Bembrive, A Doblada, Escultor Acuña, Fonte Escura, Javier Sensat, Otero Pedraio e Santa Mariña.
 

 

 

 

 


     Xogar


Exposición "O Planeta da Igualdade"

-Exposición permanente “Planeta de Igualdade”
Visitas libre de martes a domingo dende as 10,00 ata ás 19,00 horas
Visitas guíadas previa concentración de cita no telefóno 986 240 130

Lugar: Museo Verbum-Casa das Palabras. Avenida de Samil, 17Cubo M. O Planeta da Igualdade
http://www.verbum.vigo.org/


Cubo LL. O Planeta da Igualdade

Información da exposición


Exemplos de xogos da Exposición "O Planeta da Igualdade"

- Xogo do Puzzle

-
Xogo Memory


Corresponsabilidade

 

 

 

 

 

 
 

O traballo e as responsabilidades domésticas e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Entendemos por traballo toda actividade destinada á producción e reproducción da vida humana, aínda que habitualmente este termo sexa utilizado como sinónimo de emprego. Non embargantes, emprego é aquela parte do traballo que se intercambia por traballo.

Guía didáctica , dirixida ao profesorado
Guía de corresponsabilidade ,  dirixida ao alumnado da ESO

Logo

12.000 exemplares da Guia de corresponsabilidade:¡Rebélate estás na idade! se distribuiron entre o alumnado de secundaria da cidade e cos seus contidos se mostra aos mozos e as mozas as desigualdades existentes entre homes e mulleres á hora de repartiren as tarefas do fogar, e anima a implicarse na súa resolución e asumir responsabilidades nas súas propias casas".

Escolle xoguetes non sexistas


Unidade didáctica

Folleto
 

Educación en valores

Educación en valores é un espazo web multilingüe, e plural que ten por
obxecto facilitar e aglutinar ferramentas de traballo , información e
orientación para o profesorado. Nesta web pódese atopar moita información
sobre: experiencias e boas prácticas, xornadas, ferramentas didácticas
(unidades, guías, xogos, etc) descarga de programas, así como moitos
enlaces web interesantes. Algúns dos seus apartados tratan sobre a
educar na igualdade e na prevención da violencia.

http://www.educacionenvalores.org/
 
 
Non deixes de consultar nesta web dous espazos adicados especialmente á
Galicia:
 
http://www.educacionenvalores.org/mot.php3?id_mot=63
 
http://www.educacionenvalores.org/sommaire.php3?lang=gl
 

Convocatoria de Incentivos para promover accións ou programas de igualdade de oportunidades e eliminación de elementos de discriminación sexista nos centros educativos

Convocatoria de Incentivos para promover accións ou programas de igualdade de oportunidades e eliminación de elementos de discriminación sexista nos centros educativos.

Dirixidos aos centros de ensino de primaria e secundaria públicos e privados concertados da cidade.

Data de publicación: 23/01/2008
Data de fin de plazo: 30/04/2008

Documentación:
Bases da convocatoria
Anexo 1: Impreso de solicitude
Anexo 2: Certificado
 
 

 

De igual a igual


Descargar unidade didáctica
 



Descargar unidade didáctica



Descargar unidade didáctica




Descargar unidade didáctica

 

imagen agenda
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100