• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Curso de formación en Igualdade para monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre
08/02/2019    Máis novas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no curso de formación en Igualdade dirixido ao monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.
Ofértanse en dúas quendas; unha en horario de mañá e outra en horario de tarde.

O curso ten unha duración de 20 horas e ofértase en dúas quendas:

.- Quenda de mañá, que se realizará os días 25, 26, 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo en horario de 9:30 h a 13:30 h

.- Quenda de tarde, que se realizará os días 25, 26, 27 de marzo e 1 e 2 de abril en horario de 17:30 h a 21:30 h


A Concellería de Igualdade poderá suspender a realización dalgún dos cursos no caso de non acadar un mínimo de participantes.

Lugar de realización: Casa das Mulleres. R/ Romil, 20. Vigo
Actividade gratuíta.


ORGANIZA:
Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

FORMADORA:
Cristina Rodríguez Ramos, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades.

INSCRICIÓN:
A ficha de inscrición remitirase cuberta e asinada ao seguinte enderezo electrónico: ofi.muller@vigo.org, ou persoalmente na Concellería de Igualdade (1o andar do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n), de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 h.

Prazo de inscrición: desde o 8 de febreiro, ata cubrir prazas.
Outorgaranse as prazas por orde de inscrición. Prazas limitadas

ACREDITACIÓN:
Entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obter este diploma, deberase asistir ao menos ao 80% do total das horas


Máis información (obxectivos,contidos, metodoloxía, etc) e ficha de inscrición (pdf editable) en arquivos adxuntos

ARQUIVOS ADXUNTOS:
DIPTICO_INFORMATIVO.pdf  748 KB
FOLLA_DE_INSCRICIoN1.pdf  104 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100