• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO LITERARIO "NÓS TAMÉN ESCRITORAS"
02/02/2011    Máis novas
A Concellería de Igualdade, en colaboración coa editorial Galaxia, organiza o OBRADOIRO LITERARIO “NÓS TAMÉN ESCRITORAS” dirixido a mulleres mozas.

Actividade formativa centrada na escrita literaria enfocada dende unha perspectiva lúdica e participativa. Dende o primeiro instante as participantes estarán creando textos literarios que serán publicados electronicamente ao remate da actividade. Todas as mulleres asistentes recibirán como agasallo dous volumes de obras escritas por mulleres do catálogo Galaxia.

Destinatarias: Mulleres empadroadas en Vigo, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade, que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber como pensan as/os que escriben.

Contidos:
Obradoiro de escrita creativa
A práctica do relato breve
Crear personaxes
Obradoiro de poesía

Calendario para a realización dos 5 obradoiros de dúas sesións cada un:
Febreiro:mércores 16 e 23 de 18:00 a 20:00 h
Marzo: mércores 16 e 23 de 10:00 a 12:00 h
Abril: mércores 6 e 13 de 18:00 a 20:00 h
Setembro: mércores 14 e 21 de 10:00 a 12:00 h
Outubro: mércores 19 e 26 de 18:00 a 20:00 h


INSCRICIÓNS: as mulleres que cumpran os requisitos poderán facer a inscrición na Concellería de Igualdade a través do Tlf. 986 810 284 ou persoalmente na 1ª planta do Concello de Vigo, indicando a sesión á que quere asistir.
A Concellería de igualdade concederá as prazas por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas para cada un dos obradoiros

Número de prazas: 15 en cada obradoiro

Lugar de celebración dos Obradoiros Literarios: Centro Municipal de Documentación e Recursos Feministas


imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100