• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaPublicacións  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Publicacións
Guía sobre discriminación sexual laboral
01/04/2008    Máis publicacions
O principio de igualdade de trato e a prohibición de discriminación por razón de sexo CONSTITÚEN "DEREITOS FUNDAMENTAIS"

TODAS AS MULLERES TRABALLADORAS TEÑEN ... DEREITOS LABORAIS BÁSICOS

TES DEREITO á Igualdade de trato en materia de acceso ao emprego, formación e promoción profesional e condicións de traballo
Na relación de traballo, as traballadoras teñen dereito... a non ser discriminadas por razón de sexo...
A regulación das categorías profesionais e os criterios de ascenso na empresa acomodaranse a regras comúns para os traballadores dun e outro sexo.
A lei entenderá nulos e sen efectos os preceptos regulamentarios, as cláusulas dos convenios colectivos, os pactos individuais e as decisións unilaterais da empresa que conteñan discriminacións favorables ou adversas no emprego, así como en materia de retribucións, xornada e demáis condicións de traballo por razón de sexo.

TES DEREITO á Igualdade retributiva
A empresa ten a obriga de pagar pola prestación dun traballo de igual valor o mesmo salario, tanto por salario base como por complementos salariais, sen discriminacióna algunha por razón de sexo.

TES DEREITO á Protección en situación de embarazo ou maternidade
Á non ser discriminada, en ningunha condición de traballo, por embarazo ou maternidade
Á non ser despedida durante o embarazo, á suspensión de maternidade, ao permiso de lactancia, á redución de xornada por garda legal.
Aos permisos retribuídos para asistir a chequeos prenatais e cursos de preparación ao parto.
A unha adaptación das condicións e o lugar de traballo para a protección da túa saúde e da do feto e tamén durante a lactancia.
A un cambio de posto de traballo cando exista unha posible repercusión sobre o embarazo ou lactancia.
A unha suspensión con reserva do posto de traballo no suposto de risco durante o embarazo.
A un período de suspensión retribuída con reserva do posto de traballo por maternidade biolóxica, adoptiva ou por acollida.
A un permiso de lactancia e a un permiso retribuído por nacemento dun fillo/a prematuro que deba permanecer hospitalizado tralo parto.
A unha excedencia maternal con reserva do posto.
A unha redución de xornada por garda legal de fillos/as menores de 8 anos ou persoa con discapacidade.
A gozar as vacacións fóra do ano natural cando o período de vacacións fixado coincida no tempo cunha incapacidade temporal derivada de embarazo, parto ou lactancia ou coa suspensión do contrato de traballo por maternidad

TES DEREITO á Dignidade no traballo
En caso de atentar contra a dignidade mediante comportamentos discriminatorios como o acoso sexual, abuso sexual e agresións sexuais no traballo estes serían constitutivos de delitos que se atopan especificados no Código Penal.
As empresas deberán promover condicións de traballo que eviten o acoso sexual e o acoso por razón de sexo e arbitrar procedementos específicos para a súa prevención e para dar vía ás denuncias ou reclamacións que poidan formular quen foi obxecto do mesmo.

Se eres vítima de Violencia de Xénero, TES DEREITO A ...
A redución de xornada, horario flexible ou adaptación ao horario, nos termos do Convenio, ou de acordo coa empresa.
O traslado de localidade ou vacante que teña a empresa noutro posto equivalente, noutro centro de traballo.
Que se consideren "xustificadas" as ausencias ou faltas de puntualidade, motivadas pola túa situación física ou psicolóxica.
A suspensión do contrato por 6 meses (renovable), con dereito ao desemprego e á cotización do período.
Non ser despedida polo uso destas medidas.
A extinción do contrato, coa protección do desemprego.

Calquera distinción, exclusión ou preferencia, baseados en motivos como ... o sexo... que teña por efecto anular a igualdade de oportunidades e trato no emprego e a ocupación constitue... DISCRIMINACIÓN SEXUAL LABORAL... moitas mulleres a sofren...

A discriminación xurde PORQUE A MIÚDO...
As mulleres sitúanse maioritariamente nos postos menos valorados e considerados socialmente de baixa cualificación.
Na promoción e o ascenso utilízanse criterios non obxectivos que benefician sobre todo aos homes.
As mulleres ocupan na maior parte das veces as categorías profesionais onde o salario é inferior, existindo segregación ocupacional dentro da empresa.

A discriminación salarial OCORRE CANDO...
Para idénticas categorías os salarios medios son inferiores para as mulleres.
Establécense complementos salariais na negociación colectiva a favor de postos de traballo ocupados tradicionalmente e maioritariamente por homes.
Na valoración dos postos de traballo ignóranse elementos que se atopan nas tarefas desempeñadas maioritariamente por mulleres.
Dáse entre as mulleres unha maior taxa de temporalidade e traballo a tempo parcial e unha gran proporción no traballo en negro.

A discriminación por maternidade SUPÓN MUITAS VECES...
A imposibilidade de acceder a un posto de traballo.
Que non se prorrogue o contrato temporal.
O incumprimento en relación cos permisos e adaptación das condicións de traballo.
O despido tanto en período de proba como unha vez superado este

O acoso laboral SIGNIFICA...
"Conduta de natureza sexual ou outros comportamentos baseados no sexo que afectan á dignidade da muller e do home no traballo. Pode incluír comportamentos físicos, verbais ou non verbais indesexados"

O acoso sexual é discriminación sexual porque é o sexo da persoa afectada o factor que determina quen e porque é obxecto do mesmo.
O acoso sexual viola o dereito á liberdade, é dicir, que non é desexado pola víctima.
A atención sexual convírtese en acoso sexual se continúa unha vez que a persoa obxecto da mesma indicou claramente que a considera ofensiva, se ben un único incidente pode constituír acoso sexual se é suficientemente grave.
As condutas de acoso sexual poden ser realizadas tanto por compañeiros como por superiores inmediatos, directivos ou incluso clientes.
O acoso sexual no traballo constitúe un problema de seguridade e hixiene no traballo, por canto que produce ansiedade, tensión, irritabilidade, depresión, incapacidade de concentración, insomnio, dor de cabeza e outras manifestacións de tensión no traballo, cando non lesións físicas ás veces de apreciable entidade.

TELÉFONOS DE INTERESE
Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CIM) 986 29 39 63
Inspección de Traballo: 986 43 06 00
Colexio de Avogados/as: 986 23 46 52
Sindicatos
CCOO: 986 24 68 21
CIG: 986 82 79 00
UGT: 986 44 34 28
Servizo Galego de Igualdade (Xunta de Galicia): 986 81 76 58


imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100