• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Neste Nadal "A volta ao mundo desde a mirada das mulleres", obradoiros lúdicos de Igualdade para nenas e nenos de 3 a 12 anos
10/12/2021    Máis novas
O Servizo de Igualdade oferta para as nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade uns obradoiros lúdicos neste Nadal baixo o título "A volta ao mundo desde a mirada das mulleres"

Nun percorrido polo mundo a través da mirada das mulleres, as nenas e os nenos poderán participar na realización de 4 obradoiros: papiroflexia, animais fantásticos, modelaxe e pasaporte.

Desde o 18 ata o 30 de decembro en horario de mañana e tarde, a xente miúda poderá gozar dun espazo de entretemento e didáctica con perspectiva de xénero. Os obradoiros desenvolveranse en diferentes espazos e zonas da cidade: Teis, Bouzas, Samil, Casco Vello e zona Centro.

NORMAS XERAIS:

- Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos

- Inscrición por orde de chegada

- Prazas limitadas segundo a capacidade de cada local e atendendo ás normas de prevención e protección fronte á COVID-19

- Uso obrigatorio de máscara

- Non está permitido comer durante a participación na actividade

Información completa de datas, horarios e espazos onde se desenvolverán os obradoiros nos seguintes arquivos adxuntos en formato .pdf e .jpg

ARQUIVOS ADXUNTOS:
cartel_programacion_obradoiros_igualdade_en_Nadal.jpg  5834 KB
cartel_programa_obradoiros_Igualdade_en_Nadal.pdf  209 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100