• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaConvocatorias  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Convocatorias
Bases reguladoras da Concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte feminino na tempada 2016/2017.
05/07/2017    Máis convocatorias
Desde o día 6 ao día 19 de xullo de 2017 está aberto o prazo para presentar solicitude ao programa de subvencións da Concellería de Igualdade para a concesión de axudas a entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte feminino na tempada 2016/2017.

O obxecto das subvencións ao que se refiren as presentes bases responde á finalidade de promover o deporte feminino a través do apoio económico ás entidades deportivas da cidade de Vigo que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres na competición das distintas disciplinas deportivas (equipos e/ou individuais).

Aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 22/06/2017.

Bases reguladoras publicadas no BOPPO número 125 do 30/06/2017.

Data de publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra nº 128 do 5 de xullo de 2017.

Prazo solicitudes: 06/07/2017 - 19/07/2017

Nos arquivos adxuntos pódense descargar as Bases, e os Anexos para presentar a solicitude e posteriormente a xustificación.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Bases_reguladoras.pdf  168 KB
Anexos_para_a_solicitude.pdf  118 KB
Anexos_para_a_xustificacion.pdf  128 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100