• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaConvocatorias  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Convocatorias
Convocatoria de Subvencións da Concellería de Igualdade 2017
16/05/2017    Máis convocatorias
Apertura do prazo para a presentación de solicitudes de subvencións da Concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres no ano 2017


O prazo para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, que será comunicado desde a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións.

O extracto desta convocatoria publicouse no BOP de Pontevedra o día 16 de maio de 2017, polo que, o prazo para presentar as solicitudes no Rexistro Xeral comeza o día 18 de maio e remata o 31 de maio de 2017.


Acordo da Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 27/04/2017.

Bases reguladoras publicadas no BOPPO número 88 do 09/05/2017.

Data de publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra nº 93 do 16 de maio de 2017.

As Bases reguladoras e os modelos normalizados pódense solicitar na Oficina de Información do Concello ou pódense obter nos seguintes arquivos adxuntos:

.- Bases reguladoras

.- Anexos para a fase de solicitude

.- Anexos para a fase de xustificacion

ARQUIVOS ADXUNTOS:
ANEXOS_PARA_A_XUSTIFICACION.PDF  141 KB
ANEXOS_PARA_A_SOLICITUDE.PDF  224 KB
BASES_REGULADORAS.PDF  187 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100