Publicacións
Guia Conectamos ben? Mozos e mozas que se tratan ben e de = a =
07/01/2014
Máis publicacionsEsta publicación está dirixida ao alumnado matriculado nos Ciclos Medios e enmárcase nas actuacións recollidas no IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Vigo, aprobado polo Pleno da corporación municipal.
O Plan recolle diversas accións que teñen como obxectivo implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero, sensibilizando especialmente a xente moza sobre as novas formas de violencia simbólica e real sobre as mulleres.
Esta guía está dirixida ás rapazas e aos rapaces da cidade, coa finalidade de promover entre elas e eles o bo trato naqueles ámbitos nos que se desenvolve a súa vida cotiá: as redes sociais, o tempo de lecer coas amizades e no amor. Contén unha linguaxe sinxela na que se empregan as mesmas claves que utilizan as mozas e os mozos, co fin de mostrarlles distintas maneiras para que saiban identificar e detectar as relacións de bo trato ou ben aquelas de mal trato coas que se poden atopar nesta etapa da súa vida.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Guia_Conectamos_ben.pdf 4432 KB