• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaConcellería de Igualdade  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero

Concellería de Igualdade
Detectando as dificultades diarias das mulleres en facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar, o Concello puxo á súa disposición recursos e instrumentos que fornezan a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade.

As distintas necesidades e demandas foron identificadas a través dos servicios municipais de atención ás mulleres, prestando unha especial atención aos casos de agresións á súa integridade física e psíquica. Emporiso, consciente de que é necesario combinar o labor asistencial co traballo formativo, o Concello desenvolve diversos programas destinados a educar as novas xeracións nos valores que garanten a igualdade de oportunidades.

A Oficina de Igualdade, emprazada na Casa do Concello, xestiona a programación da concellería, avalía as políticas de igualdade e fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o seu asociacionismo.

Oficina de Igualdade: Concello de Vigo.
Enderezo: Praza do Rei, 1. 1º andar. 36202 Vigo.
Teléfono: 986 810 284
Fax: 986 430 082
E-mail: ofi.muller@vigo.org
Horario: de luns a venres de 8:00 a 15:00h.


 

Enlaza Vigo é unha iniciativa do Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para o desenvolvemento dunha gran cadea humana na cidade o vindeiro 25 de Novembro de 2011, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Queremos que a cidadanía exprese o seu clamor contra a Violencia de Xénero e a súa esixencia a todos os poderes públicos, medios de comunicación e sociedade en xeral dun compromiso real e unha implicación decidida para combatir o terrorismo machista.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100