Datas e Datos

para lembrar…

en pé de igualdade

… e non esquecer o resto do ano

Manual con perspectiva de xénero

Editado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

Coordinación

Mercedes Oliveira Malvar

Autoras

Mª Luisa Abad Abad

Esther Mato Méndez

Mercedes Oliveira Malvar

Unidades didácticas 

12 datas, 12 unidades didácticas

DÍA DA PAZ

30 DE XANEIRO

DÍA DAS MULLERES

8 DE MARZO

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL

DÍA DE EUROPA

9 DE MAIO

Datas e Datos…

Unha das accións que recolle o IV Plan municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Vigo no eido da Educación en Igualdade é a elaboración e edición dun manual con perspectiva de xénero sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebran ao longo do curso escolar: Día da Muller, Día do Libro, Día do Medio Ambente, Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz, ..

Co obxecto de dar cumprimento a esta medida, no ano 2011 a Concellería de Igualdade editou o libro: “Datas e datos para lembrar en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano”, elaborado por profesionais con ampla e recoñececida experiencia no eido da cultura de igualdade e do ensino. Así, as autoras son: Mercedes Oliveira Malvar, Esther Mato Méndez e Luisa Abad Abad.

Esta publicación recolle as doce datas conmemorativas que teñen que abordar os centros de ensino durante o curso escolar: Día da Paz, Día das Mulleres, Día do Consumo responsable, Día Mundial da Saúde, Día do Libro, Día da Libertade de Prensa, Día de Europa, Día das Letras Galegas, Día do Medio Ambiente, Día contra a violencia de xénero, Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia e Día dos Dereitos Humanos. O manual contén deste xeito 12 unidades didácticas como proposta de intervención con perspectiva de xénero para o alumnado de secundaria

 

Aínda que o principal destinatario deste material é o profesorado de educación secundaria, compartímolo co ánimo de que sexa de interese e de utilidade para profesionais doutros sectores como o de Animación Sociocultural, de Educación Social, de Saúde, de Traballo Social, etc.

Síguenos en