Novas
Xornadas formativas "Feminismo. Entre os avances acadados e os novos desafíos" . Martes 24 e Mércores 25 de marzo
13/03/2026
Máis novasXornadas formativas: "Feminismo. Entre os avances acadados e os novos desafíos" . Martes 24 e Mércores 25 de marzo . Vigo
Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo difundimos o programa das xornadas formativas que se desenvolverán o martes 24 e o mércores 25 de marzo, en sesión de tarde, na sala de conferencias da Sede Afundación. (Rúa Policarpo Sanz, 26).
Contaremos coa participación das seguintes expertas: Ana de Miguel Álvarez, Elisa García Mingo, Mª Almudena Cabezas González, Magis Iglesias Bello e Laura Redondo Gutierrez.
As prazas son limitadas. As persoas que desexen asisitir deberán realizar unha inscrición previa enviando a xornadas.igualdade@vigo.org o formulario de inscrición que se adxunta (está en formato editable) debidamente cuberto.
A organización confirmará praza por rigoroso orde de inscrición.
Só as persoas que asistan á totalidade das xornadas (ás cinco conferencias) recibirán o diploma acreditativo da súa asistencia emitido pola Concellería de Igualdade. Realizarase control de asistencia
Para realizar a inscrición e para a consulta do programa completo deberase descargar os seguintes arquivos:
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Diptico_programa_xornadas_formativas.pdf 1124 KB
Formulario_de_inscricion_en_formato_editable.pdf 712 KB