Novas
Aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades formativas da Casa das Mulleres (programa de setembro a decembro 2026)
10/09/2026
Máis novasAberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de setembro a decembro de 2026:
- OBRADOIRO "TEATRO CÓMICO: RIR PARA RESISTIR". 26 horas desde setembro ata decembro
- OBRADOIRO DE CANTO PARA MULLERES "CON VOZ PROPIA". 26 horas desde setembro a decembro
- FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS DO EIDO EDUCATIVO E SOCIAL. 25 horas desde outubro ata decembro
- OBRADOIRO "TÉCNICAS DE AUTOCOIDADO E REGULACIÓN EMOCIONAL". 24 horas desde novembro ata decembro
- OBRADOIRO "CONCIENCIA E PODER FEMININO". 24 horas desde novembro ata decembro
Proceso de inscrición:
- Prazo de inscrición: aberto o prazo de inscrición ata cubrir prazas.
- Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición xeral (ficha en formato editable para descargar). O curso de formación en igualdade para profesionais do eido educativo e social ten unha ficha específica (ficha en formato editable para descargar).
- Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
No caso de que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
- Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro/curso ou sobre a mesma materia en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro “Con voz propia. Canto para mulleres”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.
- Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
- Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.
Arquivos para descargar:
Programa de actividades: setembro a decembro 2026
Ficha de inscrición xeral (formato editable)
Ficha de inscrición específica para o curso de formación en igualdade para profesionais do eido educativo e social (formato editable)
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Programa_Casa_das_Mulleres_setembro_a_decembro_2026.pdf 704 KB
Ficha_Inscricion_xeral.pdf 388 KB
Ficha_Inscricion_igualdade_para_profesionais.pdf 373 KB