Novas
Aberto o prazo de inscrición para asistir ás xornadas formativas "A violencia económica exercida sobre as mulleres", 19 e 20 de marzo
10/03/2025
Máis novasAberto o prazo de inscrición para asistir ás Xornadas Formativas "A violencia económica exercida sobre as mulleres. Control económico, sabotaxe laboral e explotación económica" que organiza o Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller.
As xornadas desenvolveranse durante os días 19 e 20 de marzo, en horario de tarde, na sala de conferencias da sede Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 26.
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, emitirá diploma acreditativo ás persoas que asistan á totalidade das xornadas.
Prazas limitadas. É preciso inscrición previa enviando o formulario de inscrición cuberto ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org
A organización confirmará as prazas por orde de inscrición.
En arquivos adxuntos pódese descargar o díptico co programa completo así como o formulario de inscrición en formato editable.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Formulario_de_inscricion.pdf 455 KB
diptico_con_programa_.pdf 547 KB