Novas
Mulleres con historia: María Barbeito
11/05/2011
Máis novasO xoves, 12 de maio, ás 19 h, o Centro de Documentación e Recursos Feministas pechará o ciclo sobre MULLERES CON HISTORIA coa presenza de Aurora Marco que nos falará sobre unha galega con historia: María Barbeito, pioneira da renovación pedagóxica no primeiro terzo do século XX.
MARÍA BARBEITO. Pioneira da renovación pedagóxica no primeiro terzo do século XX. Cando Federico García Lorca visitou Galicia por segunda vez, na primavera de 1932, expresou o desexo de coñecela: ata el chegara información do traballo e do prestixio adquirido por esta galega, unha das mulleres máis relevantes do primeiro terzo do século XX. Unha muller que axiña se converteu en referencia inescusable de todas e todos os que souberon apreciar a súa intensa e constante dedicación á educación e instrución, á renovación educativa, á defensa dos dereitos das mulleres, á xustiza, liberdade, progreso; cun gran sentido do social, que introduciu un concepto sociolóxico nas obras de beneficencia...
AURORA MARCO. Licenciada e doutora en Filosofía e Letras. Profesora de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na facultade de CC da Educación da USC. Investigadora e autora de numeros estudos e publicacións.