Concellería de Igualdade
Detectando as dificultades diarias das mulleres en facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar, o Concello puxo á súa disposición recursos e instrumentos que fornezan a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade.
As distintas necesidades e demandas foron identificadas a través dos servicios municipais de atención ás mulleres, prestando unha especial atención aos casos de agresións á súa integridade física e psíquica. Emporiso, consciente de que é necesario combinar o labor asistencial co traballo formativo, o Concello desenvolve diversos programas destinados a educar as novas xeracións nos valores que garanten a igualdade de oportunidades.
A Oficina de Igualdade, emprazada na Casa do Concello, xestiona a programación da concellería, avalía as políticas de igualdade e fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o seu asociacionismo.
Oficina de Igualdade: Concello de Vigo.
Enderezo: Praza do Rei, 1. 1º andar. 36202 Vigo.
Teléfono: 986 810 284
Fax: 986 430 082
E-mail: ofi.muller@vigo.org
Horario: de luns a venres de 8:00 a 15:00h.